ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

FAMILIA GÁNDARA (PORTAS)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26.

  • Título FAMILIA GÁNDARA (PORTAS)

  • Data(s) 1721-2003 (Creación) 1721-00-00 - 2003-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación con 478 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi depositado no Arquivo da Deputación, o día 24 de maio de 2021, para a súa organización, descrición, conservación e consulta por investigadores, a petición de dona Mª del Carmen Estévez Parada, viuva de don Manuel Gándara Gómez, membro da familia propietaria da Capela de San Pedro Mártir no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño (Portas). A súa organización, correspondeu á técnica do Arquivo Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Forma do ingreso Depósito.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Colección documental reunida pola familia Gándara (Portas) con documentación relacionada coa evolución da familia e do seu patrimonio e coa capela construída por don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, concello de Portas. Inclúense un pequeno grupo de fotografías antigas.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a idade moderna ata o século XX. Toda a documentación é obxecto de protección total segundo a Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e a Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.

  • Novos ingresos Non están previstos.

  • Organizació

    Cadro de clasificación do fondo:
    
    0.- DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS
    0.1.- Xenealoxía. Árbores xenealóxicas
    
    1.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL
    1.1.- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE
    1.1.1.- Foros
    1.1.2.- Vendas
    1.1.3.- Trocos. Permutas
    1.1.4.- Doazóns e cesións
    1.1.5.- Arrendamentos
    1.1.6.-Testamentos
    1.1.7. -Partillas de bens
    1.1.8..Adquisicións
    
    1.2.- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE
    1.2.1.- Inventarios de bens
    1.2.2.- Cobros de rendas. Contas
    1.2.3.- Obras e reparacións
    
    2.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL
    2.1.- Fundacións. Capela de San Pedro Mártir
    
    3.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO
    3.1.- Preitos
    3.2.- Poderes
    3.3.-Convenios
    
    4.- OFICINA DA CASA. ARQUIVO
    4.1.- Correspondencia
    4.2.- Certificacións eclesiásticas
    
    5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN
    5.1.- Publicacións
    5.2.- Xornais
    5.3.- Fotografías

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: a maioría da documentación esta en relativo bo estado, salvo algúns documentos deteriorados.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 272 rexistros.

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas No arquivo municipal do Concello de Portas, na unidade de instalación nº 91, expedientes 49 e 50: *Expediente da copia de escritura de doazón outorgada por Manuel Gándara Gómez e outros a favor do concello de Portas da capela denominada San Pedro Mártir, situada no lugar de Cachal (Lantaño). Ano 1995. Contén: Copia simple e fotocopias da copia simple. *Expediente de doazón de predio Tras a capela de San Pedro Mártir, situada no lugar de Cachal (parroquia de Lantaño), por parte de Manuel Gándara Gómez. Ano 1995. Contén: Copia de escritura de doazón (07-04-1995). Copia simple da escritura de doazón (07-04-1995).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Gándara (PORTAS) (Tema) (Creador)

Área de control da descrición