ATOPO
Registros actuales: 1.334.764
Objetos digitales disponibles: 490.499

Fondos

FAMILIA MOSQUERA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.9.

  • Título FAMILIA MOSQUERA

  • Data(s) 1674-1961 (Creación) 1674-00-00 - 1961-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 126 agrupaciós documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Mosquera(S.XVII-S.XX) Correspóndelle á familia Mosquera, radicada no contorno da cidade de Santiago e nos concellos de Arzúa e Enfesta. Contén testemuños dende Matías Mosquera Martínez e algúns antecedentes relativos ás súas propiedades e foros. Continúa a saga con Andrés Mosquera Blanco, Matías Mosquera Suárez, Andrés Mosquera Leborán e José Mosquera Pérez, ós que corresponde a totalidade dos fondos agás algúns relativos a familiares políticos. José Mosquera Pérez naceu no concello de Enfesta. Estudiou Humanidades e Maxisterio en Santiago e entregouse á causa galeguista. Nos anos trinta popularizou o personaxe “O vello dos contos” na Unión Radio Galicia, facendo campaña polo Estatuto de Galicia en 1936. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e morreu en 1965.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Esta documentación foi entregada en depósito por Bernardo J. Mosquera Souto, interventor desta Deputación, nos anos previos á súa xubilación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia".

  • Forma do ingreso Depósito

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén información sobre foros e modificación do patrimonio familiar de interese para o estudo da historia económica de Galicia.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo.

  • Novos ingresos Fondo pechado.

  • Organizació

    Colección documental ordenada segundo un criterio cronolóxico.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 126 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Documentos dixitalizados na súa totalidade en 2013, cun total de 1.034 imaxes.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Mosquera (Tema) (Creador)

Área de control da descrición