ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

ASOCIACIÓN DA PRENSA DE VIGO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.18.

  • Título ASOCIACIÓN DA PRENSA DE VIGO

  • Data(s) 1930-1995 (Creación) 1930-00-00 - 1995-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 79 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 537 expedientes ou agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Asociación da Prensa de Vigo(1909-2015) A Asociación da Prensa de Vigo nace o domingo 21 de marzo de 1909 nos locais de Sociedade Coral “La Oliva” logo de varios intentos anteriores fallidos, sendo o seu primeiro presidente Miguel Fernández de Lema. Logo duns anos de actividade paralizada retómase con forza e renace no ano 1924, baixo a presidencia de Roberto Blanco Torres, non sen certas tensións. Xa dende 1933 empézase o intento de a edición da “Hoja” a iniciativa de Manuel Lustres Ribas, que será logo o seu director no primeiro número de 4 de maio de 1936, que foi requisado polas autoridades militares a pouco de saír. Dende aquela, con diversas problemáticas, talleres de edición, formatos..etc., supón un vehículo informativo e de expresión dependente da asociación que se editaba os luns en exclusiva, así como unha fonte de ingresos primordial para o seu funcionamento ata a súa desaparición, coincidindo coa publicación de diarios deportivos e nacionais tamén en luns. Haberá un intento bastante recente de editar unha “Hoja de los periodistas” que non tería moita continuidade. A perda de forza económica foi minguando o ofrecemento de servizos ós asociados e por causas diversas este movemento corporativo foi perdendo incidencia ata o seu estado actual.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística O fondo documental foi recollido na propia sede da Asociación, daquela situada na rúa Marqués de Valladares, 23 - 1º, Vigo o día 18 de decembro de 2006. Logo dun proceso de limpeza e de eliminación de duplicados e impresos, procedeuse á súa organización e ordenación, partindo dun fondo documental que, agás parte de correspondencia, presentaba moita desorde. Os traballos foron desenvoltos por Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín.

  • Forma do ingreso Depositado polo presidente da Asociación de Periodistas de Vigo, Luis Fernando Ramos Fernández.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Constitúe un importante fondo documental para poder estudar a realidade dos protagonistas da prensa viguesa, especialmente no relacionado coa “Hoja del Lunes”. Destaca neste fondo a documentación referida ás actuacións dos órganos de goberno (Xunta Directiva e Asemblea Xeral) así como a derivada das relacións coas diferentes asociacións nacionais. É de interese tamén o control dos socios, tanto activos coma non, dende 1936 ata a actualidade, así como toda a referida a un variado conxunto de actividades (celebracións, premios, festa do deporte, asembleas profesionais...) que desenvolveu a asociación dende 1949. Boa parte do fondo ocúpano os testemuños do control económico e a propia correspondencia, así como o referido ao funcionamento da “Hoja del Lunes”.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo.

  • Novos ingresos Puidera nun futuro ampliarse este fondo con aportacións documentais hoxe espalladas pero que no seu día pertenceron a este fondo, que se están intentando recuperar polos responsables da Asociación.

  • Organizació

    Este fondo está organizado no seguinte cadro de clasificación:
    
    1.- ÓRGANOS DE GOBERNO
    
    1.1.- Expedientes de sesións da Xunta Directiva (1966-1984)
    1.2.- Libros de actas da Xunta Directiva (1937-1978)
    1.3.- Expedientes de sesións da Asemblea Xeral (1965-1988)
    1.4.- Libros de actas da Asemblea Xeral (1937-1984)
    
    2.- SOCIOS
    
    2.1.- Expedientes persoais (1936-1993)
    2.2.- Axudas e mutualidades (1966-1993)
    
    3.- ADMINISTRACIÓN
    
    3.1.- Libro rexistro de entrada de correspondencia (1976-1994)
    3.2.- Correspondencia (1943-1995)
    3.3.- Asuntos xurídicos (1961-1986)
    3.4.- Expedientes de persoal (1974-1982)
    3.5.- Expedientes de patrimonio (1958-1982)
    3.6.- Libro rexistro de saída de correspondencia (1976-1994)
    
    4.- ACTIVIDADES
    
    4.1.- Asembleas Nacionais / FNAPE (1949-1999)
    4.2.- Premios, concursos (1957-1994)
    4.3.- Festa do Deporte (1970-1983)
    
    5.- “HOJA DEL LUNES”
    
    5.1.- Correspondencia (1939-1968)
    5.2.- Expedientes Hoja del Lunes (1961-1983)
    5.3.- Hoja de los Periodistas (1993-1995)
    
    6.- CONTROL ECONÓMICO
    
    6.1.- Libro de caixa (1938-1987)
    6.2.- Libro de contas correntes (1974-1976)
    6.3.- Libro de inventarios e balances (1938-1947)
    6.4.- Documentos contables (1949-1995)
    
    7.- FOTOGRAFÍAS E MATERIAIS

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 537 rexistros

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais A colección completa da “Hoja del Lunes” foi depositada pola Asociación no seu día no arquivo municipal de Vigo

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen

  • Unidades de descrición relacionadas No propio arquivo da Deputación consérvase un pequeno fondo da Unión de Periodistas de Pontevedra.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición