ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

Fondos

IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.7.1.3

  • Título IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1944-1994 (Creación)

  • Volume e soporte 41 unidades de instalación con 113 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Pontevedra(1944-1994) A Irmandade sindical de labregos e gandeiros de Pontevedra constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servizo e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A Irmandade de Labradores e Gandeiros de Pontevedra viña funcionando no edificio sindical, na rúa Pasantería, sendo trasladada nos últimos anos do seu funcionamento á sede da Cámara Agraria Provincial. Polo tanto pódese considerar que a súa sede nos últimos anos coincidía coa da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra na praza do Teucro, xunto coa de Ponte Sampaio e a propia institución provincial de Pontevedra, con funcionarios propios, razón pola que se conserva parte dos seus fondos que non foron remitidos ó depósito de Ponte Caldelas, hoxe destruídos. A documentación conservada atopábase almacenada no local do arquivo da Cámara Agraria Provincial, no baixo cuberta, con certos problemas de filtracións de augas e humidade. O proceso de organización levouse a cabo, coincidindo co da Cámara Agraria Provincial, por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, participando neste proceso as seguintes persoas: Manuela González Rey Francisco Otero Ventín Jacobo Domínguez Pedrera Isabel Balchada Bermúdez Iria Chaves Moledo Montserrat Romero Alonso

  • Forma do ingreso Transferencia irregular.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Trala conclusión dos traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados inventariáronse un total de 41 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico que iría dende 1944 ata 1994, con representación documental dunha escasa parte dos anos de funcionamento da Irmandade Sindical primeiro e da Cámara Agraria Local despois. A pesar desta amplitude temporal, a práctica totalidade do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre os anos mil novecentos corenta e catro e cincuenta e oito. Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas: En primeiro lugar, os libros de actas de sesións do Cabido e Asemblea da Irmandade de Labradores referidos ós seus primeiros anos de funcionamento. Tamén, dentro da sección Administración, a correspondencia que inclúe oficios e circulares especialmente en relación a diversos organismos agrarios (Cámara Oficial Sindical Agraria, Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) dos anos cincuenta e sesenta. En segundo lugar, e dentro da sección de Servizos, á documentación xerada polo Tribunal Xurado e a Policía Rural, moi ben conservada e completa, encadernada e ordenada, correspóndelle o maior volume documental. En terceiro lugar, na sección de Facenda, consérvanse testemuñas dos sucesivos presupostos. En todo caso engloba un amplo período temporal (1949-1994), con documentación derivada da xestión presupostaria e, máis escasos, documentos recadatorios.

  • Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado na súa maior parte a unha dependencia da Consellería de Agricultura en Ponte Caldelas, xunto co das outras Cámaras agrarias locais, onde se produciu a súa destrucción.

  • Novos ingresos Fondo documental pechado por desaparecer xa este órgano.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO
    1.1. CABILDO / PLENO
    .Libro de actas do Cabido da Irmandade sindical de labradores e gandeiros
    1.2. COMISIÓNS E XUNTAS
    1.3. PRESIDENTE
    
    2.- ADMINISTRACIÓN
    2.1. SECRETARÍA
    .Correspondencia
    .Índice arquivo
    2.2. REXISTRO
    2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
    2.4. PERSOAL
    
    3.- SERVIZOS
    3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA. MUTUALIDADE
    3.2. CENSOS AGRARIOS
    3.3. ELECCIÓNS
    3.4. TRIBUNAL XURADO
    .Multas. Denuncias. Actos conciliatorios
    3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS
    3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN
    3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS
    3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIA E RURAL
    3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANFORMACIÓN
    3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO
    3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS
    3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA
    3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS. MUTUAS GANDEIRAS
    3.14. COOPERATIVAS
    3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES
    3.16. AUGA
    3.17. GARDERÍA RURAL
    
    4.- FACENDA
    4.1. ORZAMENTO ORDINARIO
    .Expediente xeral do orzamento
    4.2. RECADACIÓN
    .Contas de recadación. Padróns de derrama

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre segundo a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado, cun total de 41 unidades de instalación.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota A destrución do fondo documental das Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento.

Puntos de acceso

Área de control da descrición