ATOPO
Registros actuales: 1.333.036
Objetos digitales disponibles: 490.503

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE MORAÑA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AXP.MOR.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE MORAÑA

  • Data(s) 1870-2024 (Creación)

  • Volume e soporte 159 libros do rexistro civil e 112 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.040 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Moraña(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Moraña no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Campo Lameiro e Cuntis.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Moraña

  • Historia arquivística O arquivo do Xulgado de Paz trasládase da antiga escola unitaria, onde se instalou no ano 2000, ao novo arquivo municipal en 2024. Dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 13,20 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2000, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Manuela González Rei e Cristina Peleteiro Gallego. Posteriormente no ano 2005 e 2009 incorporan os fondos dos últimos anos Iria Chaves Moledo, Isabel Balchada Bermúdez, Alfonso Gómez Martín e María Lede Pérez. No ano 2012 incorporaron fondos Francisco Orge Ventín e Ollala Barreiro Molano e en 2024 Alicia Souto González e José Ángel Reyes González.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1908, criminal dende 1908 e gobernativa dende 1905, ou de eleccións dende 1908. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1900-1999 6
    1.2. NACEMENTOS 1871-2000 77
    1.3. MATRIMONIOS 1870-2007 40
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2000 55
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1902-1998 2
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1910-1997 2
    1.7. NACIONALIDADE 1989-2007 2
    
    2. XULGADO
    
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1911-2007 11
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1908-2007 18
    2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1908-2007 12
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1905-1994 14
    2.5. ELECCIÓNS 1908-2008 8
    2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1981-1989 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións da súa contorna xeográfica, especialmente no Arquivo Municipal de Moraña, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Moraña

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Moraña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición