ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Fondos

XUNTA PROVINCIAL DE ELECTRIFICACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.11.

  • Título XUNTA PROVINCIAL DE ELECTRIFICACIÓN

  • Data(s) 1954-1973 (Creación)

  • Volume e soporte 3 libros e 30 unidades de instalación con 1.106 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Xunta Provincial de Electrificación(1954-) Esta Xunta foi creada por Decreto de 25 de xuño de 1954 para dotar de enerxía eléctrica a entidades que carecían dela. Tiña como presidente ó gobernador civil e como vicepresidente ó enxeñeiro xefe da Delegación de Industria. Os vogais permanentes eran o presidente da Deputación, o xefe do servizo de Cooperación da Deputación e os presidentes das cámaras agrarias, un representante das cámaras de comercio e de Industria, accidentalmente, os alcaldes e os directores de empresas eléctricas. O seu cometido era elaboraren un plan concreto de electrificación, propoñerlle ó Ministerio de Industria as actuacións, emitir informes técnicos ou tramitar as peticións de materiais eléctricos entre outras.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Aínda que dependía organicamente do Goberno Civil, o feito de que o xefe do Servizo de Cooperación fose vogal da Xunta, foi decisivo para que a documentación sempre se conservara na Deputación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.

  • Forma do ingreso Transferencia.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén información sobre a paulatina electrificación da provincia.

  • Valoración, selección e eliminación Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudo da realidade social desta época histórica, especialmente no que se refire ós pequenos municipios.

  • Novos ingresos Fondo pechado.

  • Organizació

    Cadro de clasificación do fondo:
    
    1.- ADMINISTRACIÓN:
    
    1.1.- Libro de actas da Xunta Provincial de Electrificación (1956-1958).
    1.2.- Libro de rexistro de entrada de documentos (1955-1957).
    1.3.- Libro de rexistro de saída de documentos (1955-1960).
    1.4.- Correspondencia (1954-1960).
    
    2.- ELECTRIFICACIÓN:
    
    2.1.- Expedientes de electrificación (1955-1973).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 1.106 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada do proceso de tramitación con outras administracións.

  • Unidades de descrición relacionadas Compleméntase coa propia documentación xerada polo Servizo de Cooperación. Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, na sección do Ministerio de Industria. Arquivos municipais dos concellos da provincia.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Xunta Provincial de Electrificación (Tema) (Creador)

Área de control da descrición