ATOPO
Registros actuales: 1.332.948
Objetos digitales disponibles: 490.503

COLEXIATA DE SANTA MARÍA DE VIGO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.11

  • Título COLEXIATA DE SANTA MARÍA DE VIGO

  • Data(s) 1578-1931 (Creación) 1578-00-00 - 1931-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación con 254 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Colexiata de Santa María de Vigo(s. XII-Actualidade) A historia da Colexiata de Santa María de Vigo é relativamente descoñecida. Algúns documentos permiten saber que arredor do século XII xa existía a vila de Vigo que contaba daquela con dúas igrexas: Santa María e Santiago, ambas dependentes do Bispado de Tui. A Igrexa de Santa María estaba situada no centro da localidade, sendo un templo de estilo románico. Cara o século XV o florecemento demográfico da vila permite a construción dun novo edificio, neste caso de estilo lombardo, rematado en 1403. Daquela primitiva construción consérvanse o tímpano e algunhas partes do seu retablo. A finais dese século, en 1497, o bispo Pedro Beltrán elevaríaa ao rango de Colexiata. O devir do templo nos seguintes anos estivo marcado polas invasións. Así en 1589 Santa María era saqueada polo corsario Francis Drake, motivo polo que o rei Felipe II concede un privilexio real a favor da fábrica da mesma para a súa reconstrución, establecendo que fora o concello o encargado de designar este cargo. Esta doazón é a orixe do padroádego do Concello de Vigo sobre a igrexa colexial. Novos ataques como os dos berberiscos de 1617, os portugueses a partir de 1640 ou os ingleses de 1702 e 1719 manterán a construción nun estado moi precario. Así, en 1728, e debido ao descenso da poboación e das rendas, redúcese o número de racioneiros da igrexa de seis a dous. A pesar das reparacións realizadas ao longo do século XVIII, en 1813 a explosión da polvoreira do Castelo de San Sebastián conmove a igrexa provocando a súa ruína total. O Concello encargará ao arquitecto Melchor Prado Mariño o deseño do actual inmoble, realizado en estilo neoclásico. Posteriormente o crecemento da importancia de Vigo dentro da súa diocese leva á elevación da Colexiata primeiro a Concatedral e máis tarde a Basílica.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Forma do ingreso Por transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo da Colexiata de Santa María componse de oito unidades de instalación, cunha extensión de 0,88 metros lineais. A documentación distribúese entre os anos 1578 e 1931. É un fondo con importantes perdas documentais, xa que nos distintos ataques sufridos pola cidade a documentación conservada, ben no Concello ou be na propia igrexa foi sufrindo perdas de todo tipo. A maioría dos rexistros correspóndense co exercicio dos dereitos do padroádego que o Concello ostentaba sobre a Colexiata, especialmente aqueles referidos ás contas e nomeamentos de diversos cargos, así como ás obras do novo templo ao longo do século XIX.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningunha expurgación

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que o Concello de Vigo xa non está integrado no padroádego da Institución.

  • Organizació

    O fondo está organizado en cinco series documentais:
    
    1.- Expedientes da administración (1620-1908)
    2.- Expedientes de persoal (1816-1931)
    3.- Culto relixioso (1578-1898)
    4.- Expedientes de obras (1653-1934)
    5.- Asuntos económicos (1593-1907)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Instrumentos de descrición Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas No Arquivo Capitular e Histórico Diocesano de Tui podemos encontrar, dentro do fondo Histórico da Curia Diocesana de Tui-Vigo, documentación relacionada coa Colexiata de Vigo: 4.13. Colexiata de Vigo 4.13.1. Actas Capitulares (1616-1691) 4.13.2. Capelanías e Obras Pías (1570-1816) 4.13.3. Confrarías Santísimo Rosario (1736-1800) 4.13.4. Circulares (1790-1862) 4.13.5. Foros e Rendas (1562-1769) 4.13.6. Reparacións (1807-1836) 4.13.7. Hospital (1599-1835) (http://arquivos.depo.gal/?1,6457) Ademais, dentro deste mesmo Arquivo pódemos sinalar a existencia dos arquivos parroquiais entre os que se encontra o fondo da freguesía de Santa María de Vigo. (http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.36055.ahdt/es/consulta/registro.do?id=302374)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias IGREXA

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo

  • Nome dos puntos de acceso Colexiata de Santa María de Vigo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición