ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

Fondos

UNIÓN DE XORNALISTAS DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.3.

  • Título UNIÓN DE XORNALISTAS DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1982-1990 (Creación)

  • Volume e soporte 3 unidades de instalación con 20 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. Inclúe unha serie de materiais usados na Asociación: selos, anagramas.

Área de contexto

  • Nome do produtor Unión de Xornalistas de Pontevedra(1982-1985) A Unión de Xornalistas de Pontevedra foi creada a mediados do ano 1982 e funcionou ata mediados de 1985. Non coñecemos os seus estatutos nin a súa finalidade específica que, supoñemos, sería a defensa e mellora da súa actividade profesional. Organicamente contaba cunha xunta directiva e unha asemblea xeral. Estaba integrada na Federación Nacional de Unións de Xornalistas e tiña diferencias coa Asociación de Prensa da provincia. O seu presidente foi José Francisco Armesto e o vicepresidente Pedro Antonio Rivas.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Esta documentación entregoulla ó Arquivo para a súa custodia e tratamento no ano 1994 pola periodista Pilar Fariña cando se disolveu a asociación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia".

  • Forma do ingreso Depósito

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A pesar de ser un fondo pouco voluminoso, tanto as actas coma a documentación dos seus afiliados pode ter certo interese para o coñecemento deste colectivo profesional. Ademais da documentación consérvanse así mesmo cuños, anagramas, diplomas e unha placa conmemorativa.

  • Valoración, selección e eliminación Non tivo expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dita asociación.

  • Novos ingresos Fondo pechado.

  • Organizació

    Cadro de clasificación do fondo:
    
    1.- ADMINISTRACIÓN:
    
    1.1.- Libro de actas da Unión de Xornalistas (1982-1985).
    1.2- Libros de contabilidade (1982).
    1.3.- Libro de actas da Comisión de Admisión (1982).
    1.4.- Expedientes persoais de socios (1982).
    1.5.- Correspondencia (1982-1983).
    
     2.- MATERIAIS ESPECIAIS (ca. 1982-ca. 1985).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación bo

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 20 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición