ATOPO
Registros actuales: 1.334.728
Objetos digitales disponibles: 490.461

FAMILIA CAAMAÑO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10.

  • Título FAMILIA CAAMAÑO

  • Data(s) 1411–1895 (Creación)

  • Volume e soporte 138 unidades de instalación con 3.612 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Caamaño(S.XIV-S.XIX) A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística O anticuario de Vigo D. Severo Pardo vendeuno a Deputación Provincial de Pontevedra en 1983. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Inés Pájao Porral, María José Fernández Ayuso e María del Carmen Pereira Pazos. Nunha fase posterior foi descrito polo miúdo, completándose a totalidade dos documentos, por María de los Ángeles Vázquez Martínez. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia

  • Forma do ingreso Por compra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Moi interesante non só para a investigación xenealóxica senón tamén pola abundante información sobre a historia económica, a transmisión da propiedade e a administración do patrimonio no ámbito xeral de Galicia pois abarca as catro provincias. A documentación relativa a preitos é importantísima pola amplitude cronolóxica e refírese basicamente a cuestións patrimoniais e á sucesión de morgados e vínculos, das cales a máis importante é a que produce o marquesado de Vilagarcía entre os séculos XVIII e XIX. Comprende documentación de varias casas e familias que por agregación converxen na familia Caamaño.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún tipo de expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudo histórico de Galicia dende a Idade Media ata o século XIX.

  • Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.

  • Organizació

    Tentouse organizar a documentación por casas e familias pero ao non ser posible pola dispersión que presentaba o fondo realizouse por series documentais considerando as diferentes familias como unha soa co seguinte cadro de clasificación:
    
    1.- DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS:
    
    1.1.- Xenealoxía. Árbores xenealóxicas (1614-1820).
    1.2.- Probas de nobreza (1573-1796).
    
    2. DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL.
    
    2.1. TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE:
    2.1.1.- Foros (1488-1849).
    2.1.2.- Vendas (1414-1850).
    2.1.3.- Trocos. Permutas (1529-1852).
    2.1.4.- Doazóns e cesións (1542-1814).
    2.1.5.- Desembargos (1411-1702).
    2.1.6.- Arrendamentos (1505-1895).
    2.1.7.- Dotes (1510-1818).
    2.1.8.- Adquisicións (1586-1844).
    2.1.9.- Capitulacións (1606-1797).
    2.1.10.- Testamentos (1496-1857).
    
    2.2.- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE:
    2.2.1.- Inventarios de bens (1543-1852).
    2.2.2.- Cobros de rendas. Contas (1456-1890).
    2.2.3.- Obras e reparacións (1446-1861).
    2.2.4.- Pesca (1562-1832).
    
    3.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL:
    
    3.1.- Nomeamentos de cargos (1567-1855).
    3.2.- Beneficios (1507-1842).
    3.3.- Fundacións (1511-1843).
    3.4.- Morgados (1561-1815).
    3.5.- Bulas (1675-1834).
    3.6.- Títulos (1626-1816).
    
    4.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO:
    
    4.1.- Preitos (1421-1882).
    4.2- Poderes (1505-1835).
    
    5. OFICINA DA CASA. ARQUIVO:
    
    5.1.- Correspondencia (1608-1915).
    5.2.- Índices documentais (1533-1848).
    5.3.- Certificacións eclesiásticas (1583-1885).
    
    6. OUTRA DOCUMENTACIÓN:
    
    6.1.- Asuntos militares (1627-1851).
    6.2.- Varios (1532-1857).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bastante deteriorada.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 3.612 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais A documentación é toda orixinal.

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada no 2013 cun total de 119.949 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas No Arquivo do Reino de Galicia na Coruña custódiase o arquivo da familia Caamaño y Lamas, adquirido por compra en 1988 e cunha etapa cronolóxica que abrangue de 1687 a 1730. Na Fundación Penzol de Vigo e na biblioteca de Vilagarcía consérvase documentación relativa ao marquesado de Vilagarcía.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición