ATOPO
Registros actuales: 1.334.728
Objetos digitales disponibles: 490.461

Arquivo municipal de Mos

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36033.AM.MOS.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Mos

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Mos

Área de contacto

Arquivo municipal de Mos

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Reguengo, nº 1 - Petelos Localidade Mos Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36416

Diana Lago Álvarez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Reguengo, nº 1 - Petelos Localidade Mos Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36416

Área de descrición

  • Historia Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo, Tui e finalmente no de Porriño. Este concello establécese constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos variacións apreciables agás as referidas ós sucesivos cambios de capitalidade. Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, en granito, de mediados de século, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que resalta unha torre central. O arquivo formábano varias salas intercomunicadas cun total de 64 metros cadrados e 145 metros lineais de estanterías. En todo caso a ubicación e a insuficiencia do local motiva o traslado á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, no que tamén se encontran na súa primeira planta entre outros servizos a biblioteca municipal. Este novo local, que ten una forma cadrada, foi convenientemente axeitado para o seu fin, cunhas condicións de habitabilidade notables, con ventilación e iluminación suficiente e con equipamentos meritorios, destacando entre eles o sistema compactado de estantería e o mobiliario para traballo e consulta. Por último, tamén por ocupación plena dos espazos existentes, optouse por habilitar un novo local de arquivo na segunda planta do edificio de Centro de Desenvolvemento Local do concello de Mos en Puxeiros; equipóuse con estantería metálica unha ampla sala antes destinada a aula de formación, na que se instalaron os documentos remitidos dende as oficinas realativos aos últimos anos de xestión. O proceso de organización dos fondos documentais iníciase no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espacio adicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da propia casa do Concello. En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais nos anos 1991, 1994, 1999, 2003, 2005 e 2008 coa adpatación ó novo cadro de clasificación proposto para o seu uso a nivel nacional. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Edelmira Cortegoso Graña Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Nuria Hoyos Silva María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Eva González Rodríguez Álvaro Rodríguez Cid María Herminia Martínez Pereira Ana María Valles Castro Jaime Moiño Vaamonde Daniel Menéndez Rodríguez Iñaki Varela Pérez Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández María Torres Hermida Ángela Garra Oubiña Aída María Pérez Martínez Alberto Aramburu García-Pintos Javier López Sáez Lara Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. concellos de Vigo, Redondela e Porriño. Conta cunha superficie total próxima ós 51 quilómetros cadrados nos que se distribúen as súas dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Mos -Reguengo, 1 - Petelos. 36416 Mos -Ctra. Peinador, 41 (Tameiga) - Puxeiros

  • Fondos 1.- Fondo Concello de Mos 2.- Fondo Centro de Desenvolvemento Local

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Mos” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 11 D.L. PO-30-00 ISBN: 84-89690-89-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Diana Lago Álvarez

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos