ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

Arquivo municipal de Oia

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36036.AM.OIA.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Oia

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Oia

Área de contacto

Arquivo municipal de Oia

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Vista Alegre, nº 3 Localidade Oia Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36794

María Cabodevila Ros

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Vista Alegre, nº 3 Localidade Oia Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36794

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdiccións de Oia, con señorío do seu mosteiro. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Tui, créase no ano 1836 o concello de Oia, coa mesma configuración física actual, sen modificacións posteriores significativas. A casa do concello atópase a carón da estrada que vai de Baiona ata A Guarda; e sendo unha edificación exenta, en pedra, distribuída en baixo e planta, cunha preeminencia da horizontalidade na súa concepción constructiva, recentemente ampliada coa utilización da vivenda anexa para esta finalidade. O principal local do arquivo sitúase na ala esquerda da planta baixa, a carón das dependencias do Xulgado de Paz. É unha pequena sala rectangular, con algo más de vintedous metros cadrados de superficie, dotada dos equipamentos necesarios, de acordo co plano, para a función de almacenamento documental; conta na actualidade cunhas condicións de habitabilidade idóneas, estantería metálica e ficheiro. A súa insuficiencia espacial conlevou a utilización dunha nova sala, ubicada na parte posterior da mesma planta baixa, que duplica o espazo do arquivo e permite dispor de zona de traballo e consulta. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1992, acometéndose dende entón dous novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a mellora e ampliación do local, nos anos 2002, 2007, 2009, 2010 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María José Vilas Barreiro Antonio López Bodaño Marcos Meijueiro Rey José Luis Bustelo Rodríguez Ana María Vallés Castro Jaime Moiño Vaamonde Daniel Menéndez Rodríguez Roberto Rodríguez Álvarez Julio Rafael Pereira Bernárdez María Cristina Vilar Misa Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martínez Aída María Pérez Martínez Miguel Martínez Puig Lara María Moldes González Javier López Sáez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Oia sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co Océano Atlántico e cos concellos de Baiona, Tomiño e O Rosal. Ocupa unha superficie superior ós setenta e oitos quilómetros cadrados, con trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Burgueira, Loureza, Mougás, Oia, Pedornes e Viladesuso, nas que residen máis de tres mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Oia -Rúa Vista Alegre,3. 36794 Oia

  • Fondos Arquivo municipal de Oia

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Oia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 46 D.L. PO-280-03 ISBN 84-8457-157-2 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos