ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

Arquivo municipal de Moraña

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36032.AM.MOR.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Moraña

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Moraña

Área de contacto

Arquivo municipal de Moraña

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Santa Lucía, nº 1 Localidade Moraña Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36660

Esperanza Pereira Redondo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Santa Lucía, nº 1 Localidade Moraña Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36660

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual. A casa do concello é unha edificación en pedra, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que na actualidade é insuficiente para acoller todos os servizos que se prestan dende o concello. Neste edificio ocupa o arquivo un pequeno espacio no baixo cuberta que se foi reducindo co paso dos anos a fin de poder situar outros servizos e que derivou na necesidade de buscar un espacio fóra da casa do concello para a conservación documental, deixando este pequeno local para aquela documentación de tramitación recente ou de uso habitual. A tal fin rebozouse e reformouse unha antiga escola unitaria no mesmo casco urbano e así contar cun espacio de depósito, sanitarios, tratamento e consulta dos fondos documentais conservados no concello. Resulta un local de máis de setenta metros cadrados, con algo máis da metade dedicada á colocación de estantes nos que gardar a documentación. Neste local procedeuse á instalación en fases sucesivas dos equipamentos necesarios para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas condicións idóneas de habitabilidade, seguridade, illamento, ventilación e iluminación, así como con máis de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, deshumidificador, mesa de consulta e ficheiro. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluído o traslado a un novo local, nos anos 1991, 2000, 2005, 2007, 2009 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo Manuela González Rey Cristina Peleteiro Gallego Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Jacobo Domínguez Pedreira Isabel Couso Bravo Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Moraña - Rúa Santa Lucía,1. - Calle del Número 3

  • Fondos Arquivo municipal de Moraña

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Moaña” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 29 D.L. PO-67-01 ISBN: 84-8457-052-5 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos