ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Arquivo municipal de Ponte Caldelas

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36043.AM.PONCAL.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Ponte Caldelas

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Ponte Caldelas

Área de contacto

Arquivo municipal de Ponte Caldelas

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Galicia, s/n Localidade Ponte Caldelas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36828

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte das provincias de Santiago e de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Caldevergazo e Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, con señorío do propio Duque de Soutomaior. No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas. Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas. Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha edificación en pedra, construída en 1812, de muros sólidos e con profusión de vans, na que destaca a triple arcada da súa fachada sobre a que se dispón unha ampla balconada e o artesoado do seu salón de sesións. A necesidade de novos espazos derivou na ampliación das instalacións mediante o enlace coa edificación lateral ocupada anteriormente pola Cámara Agraria Local a través dunha estrutura metálica e acristalada, que acolle parte das oficinas municipais e o arquivo municipal. A falla de planificación dun espacio específico para a conservación da documentación obrigou sempre a busca de solucións provisionais, condicionadas pola estructura do edificio. Os locais dedicados a arquivo municipal situábanse na planta baixa, na ala dereita do edificio, con forma rectangular e dous niveis comunicados por unha escaleira metálica pregable; e outra pequena sala na primeira planta, a carón do salón de sesións. A recente ampliación destinou o espazo útil resultante da creación dunha entreplanta para a ubicación das instalacións e equipamentos do arquivo municipal. Son un total de tres pequenas salas anexas pero independentes, cunha superficie total próxima ós cincuenta metros cadrados, nos que logo do seu equipamento dispúxose a documentación. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1985, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1986, 1988, 1996, 2000, 2003, 2006, 2009, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Beatriz Barciela Castrelos José Luis Castro Carpintero Concepción Contreras Pedrosa Ana Gesteira Ponce María de la Luz Justo Acevedo Pilar Lago González María Jesús Núñez Portela María Sonsoles Ortiz de Urbina González Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Cristina Villaverde Ruibal Alfonso Ferreiro Monteagudo María Torres Hermida Francisco Orge Ventín Isabel Couso Bravo Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo Alberto Aramburu García-Pintos Paula Boullosa Rodríguez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Ponte Caldelas sitúase no centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Soutomaior e Pontevedra. Ocupa unha superficie de algo máis de oitenta e seis quilómetros cadrados cun total de trinta e tres entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Anceu, Castro Barbudo, Caritel, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns, nas que residen algo máis de sete mil cincocentos habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Ponte Caldelas -Avenida de Galicia, s/n. 36828 Ponte Caldelas

  • Fondos Arquivo municipal de Ponte Caldelas

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Ponte Caldelas” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 2 *“Inventario Archivo Municipal de Ponte Caldelas” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 33 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos