ATOPO
Registros actuales: 1.332.919
Objetos digitales disponibles: 490.504

Arquivo municipal de Cangas

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36008.AM.CAN.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Cangas

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Cangas

Área de contacto

Arquivo municipal de Cangas

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Castelao, nº 2 Localidade Cangas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36940

José Lagoa Iglesias

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Castelao, nº 2 Localidade Cangas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36940

Área de descrición

  • Historia No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar. No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas. Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas. Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación. Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio. De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación. A documentación do arquivo municipal de Cangas foi debidamente organizada, coa súa total clasificación e descrición no ano 1987 por parte do persoal do Servizo Técnico de Patrimonio Documental e Bibliográfico, dacordo co procedemento e cadro de clasificación usado daquela nos arquivos municipais da provincia. Resultaran máis de 1.781 unidades de instalación, instaladas en caixas de arquivo, e máis de 1.980 libros, que naquel proceso levaban una instalación e descrición diferenciada. Custodiábase daquela un importante volumen documental con notorias testemuñas do século dezanove: documentación de quintas dende 1790; dos orzamentos dende 1859; das obras municipais dende 1836; da contribución rústica dende 1841 e dos consumos dende 1818. En todo caso a maior parte do fondo, como é habitual pertence ó século XX e refírese a xestión contable e ó control da actividade urbanística dos particulares. Sucesivas disposicións físicas, traslados, carencia de espazos e outros avatares impediron ata o ano 2008, pese a reiterados intentos anteriores, iniciar o proceso de reorganización de acordo coa normalización iniciada no ano 1996 nos arquivos da provincia, adaptándose á proposta consensuada a nivel nacional. Nesta primeira actuación conseguíuse a incorporación de 2.119 unidades de instalación, correspondentes á práctica totalidade das licenzas de obras, estando prevista a continuidade do proceso de reorganización, incorporación documental e informatización dos instrumentos de descrición para facilitar o seu manexo e consulta, elaborándose a tal fin una base de datos do inventario detallado dos expedientes e documentos con 24.681. Estes traballos, nas diferentes etaps, foron levados a cabo polo seguinte persoal: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Elena Aguete Landín María Teresa Cimadevila Estévez Mª Jesús Nuñez Portela Leonor Rey Rey Lucía Campos Alonso Laura Pereira Ramilo Iria Chaves Moledo Isabel Couso Bravo Jose Manuel Alonso Riobó

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña ec o Océano Atlántico.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Cangas -Avda. de Castelao 2 - Cangas - 36940

  • Fondos Arquivo municipal de Cangas

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 *Historia de Cangas/ VV.AA. Pontevedra.- Diputación Provincial, 2007. 645 p.; il.; 24 x 17 cm. ISBN: 978-84-8457-286-2. Colección “Ensaio e investigación”.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: José Lagoa Iglesias

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos