ATOPO
Registros actuales: 1.333.957
Objetos digitales disponibles: 490.496

Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36061.AM.VILNOV.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

Área de contacto

Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida González Besada, s/n Localidade Vilanova de Arousa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36620

José Miguel Ventoso

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Gonzalez Besada, s/n Localidade Vilanova de Arousa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36620

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996. Logo de sucesivos traslados, depósitos provisionais e reformas hoxe en día disponse o patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión, na planta superior do edificio do mercado municipal, edificación illada próxima ó Concello. A escaseza de espacio para as dependencias e os servizos municipais fixo necesario este traslado na procura dun espacio digno e suficiente para a conservación da documentación dende a súa anterior situación na planta baixa da propia casa do Concello. Este espacio dedicado a arquivo municipal distribúese en dúas salas con acceso independente para destinalas a depósito, rectangulares e de grande lonxitude; na súa cabeceira disponse o acceso directo mediante unha ampla escalinata dende a rúa e dúas salas cadradas para a colocación de fondos bibliográficos e boletíns, que serven ademais de sala de traballo e consulta. Foi todo o conxunto remozado e rehabilitado para esta nova función, conseguíndose unhas axeitadas condicións de habitabilidade e dotado con equipamentos suficientes, entre os que se inclúen portas de seguridade, estantería metálica abundante, ficheiro metálico, mesa de consulta e ordenador. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1983, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local, nos anos 1988, 1995, 1996, 1999, 2000, 2001, 2003, 2005, 2007, 2008, 2010 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María Jesús Abal Sabarís Alberto Allegue Otero Consuelo Amoedo Lorenzo María Esther del Castillo Fondevila José Luis Castro Carpintero María del Carmen Fariña Fernández Josefa Fernández Ayuso Vicente García Romero Manuela González Rey María José Liñares Noya Marisol Martínez Vázquez Jaime Moiño Vaamonde Mónica Núñez Carro Silvia Patiño Bouzas María del Carmen Pereira Pazos Rosa Pérez Diz Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Montserrat Romero Alonso Carmen Touzón Fernández Ángela Garra Oubiña Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Vilanova de Arousa - Avda. Gonzalez Besada, s/n. 36620 Vilanova de Arousa

  • Fondos Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Vilanova de Arousa” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 4 *“Inventario Archivo Municipal de Vilanova de Arousa” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 34 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: José Miguel Ventoso Martínez

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos