ATOPO
Rexistros actuais: 1.332.425
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.489

Camelia en la Colección de la Diputación de Pontevedra, La

Camelia en la Colección de la Diputación de Pontevedra, La
Diputación Provincial de Pontevedra, 2004
ISBN: 84-8457-181-5
300 p.
Il. col.; 20 x 21 cm
ESGOTADO

A camelia cítase por primeira vez en Galicia a nivel de mostra floral no ano 1858, durante a celebración da Exposición agrícola, industrial y artística (Santiago de Compostela, xullo). En 1872 créase a Escola práctica de agricultura en Pontevedra. Un catálogo de plantas elaborado pola citada institución entre os anos 1880 e 1882 revela a existencia nas súas instalacións de 130 variedades de camelia. Tras estes antecedentes, no presente libro inventaríanse máis de medio milleiro de exemplares nos centros dependentes da Deputación, Finca O Areeiro, castelo de Soutomaior e xardíns do Pazo Provincial.