ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Xornada "A (des) memoria nas aulas"

29 e 30 de abril de 2022

1ª Parte · 29 abril

2ª Parte · 30 abril


A Deputación de Pontevedra organiza as xornadas ‘A (des) memoria nas aulas' para crear un lugar de encontro no que o profesorado da provincia poida coñecer  novos recursos, ideas e proxectos -e tamén expoñer experiencias- sobre como abordar a guerra civil e a ditadura nos centros de ensino.

Estas xornadas, segundo a deputada de Memoria María Ortega, xorden principalmente porque "a memoria histórica está ausente na práctica totalidade dos centros de ensino e non ten cabida no currículo escolar agás que o persoal docente da materia de Historia, ao abordar o século XX, teña a vontade de darlle un enfoque á materia que recolla a memoria das mulleres e da represión".

Para a Deputación é de vital importancia buscar "espazos alternativos" para captar profesorado que teña vontade de traballar o tema co alumnado, ben nas titorías, ben na biblioteca a través dalgunha lectura, a través dos grupos de igualdade, dos clubes de lectura e clubes de letras, dos clubs de debate "tecendo redes de memoria tamén nos centros de ensino".

Esta primeira iniciativa sobre memoria e docencia conta coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e ten recoñecemento curricular.

Os relatorios poderanse seguir tamén de maneira libre a través da páxina web da Deputación, mais para a asistencia presencial é obrigada inscrición, cubríndose as prazas por estrita orde de solicitude.

Playlist de vídeos relacionados

Material de apoio

Documental Dores

Recursos para traballar a memoria histórica na aula: lectura e audiovisual

Seique falamos da memoria na historia. Susana Sánchez Aríns

Experiencia nas aulas

Roteiro por San Simón. Guiado por Matías Rodríguez da Torre