ATOPO
Registros actuales: 1.334.728
Objetos digitales disponibles: 490.461

Implantación de nova versión de Atom


12 de noviembre de 2021 , Arquivos , Fondos documentais
Captura de ATOM

Dende o Arquivo da Deputación de Pontevedra, en estreita colaboración co Servizo de Novas Tecnoloxías, vimos de rematar un proceso de actualización de Atom, programa de xestión do patrimonio documental en uso no noso Arquivo e noutras máis de cen institucións da provincia, logo duns anos de desenvolvementos parciais  específicos e coa finalidade de mellorar a súa operatividade e a das súas funcionalidades e servizos .

Neste proceso pasamos do uso da versión Atom2.0. a versión Atom 2.6.3. implementando as sucesivas melloras que o Atom tiña incorporado e mantendo tódolos desenvolvementos propios realizados nestes anos.

Esta actuación, a cargo da empresa Xercode e dentro das actuacións de asistencia técnica e desenvolvemento tecnolóxico que se lle teñen contratado, foi rematada e probada debidamente con carácter previo a súa implantación efectiva, que agora acometemos.

Isto suporá na práctica pequenos cambios de visualización e operatividade para os usuarios, que serán palpables a partires da súa posta en produción o vindeiro día 15 de novembro do presente ano 2021, pero sobre todo permitirá seguir evolucionando e mellorando as posibilidades técnicas desta ferramenta.

De seguido engadimos unha relación resumida dos principais cambios introducidos e unha relación detallada técnica dos cambios implementados en cada versión actualizada neste proceso.

Ademais nesta pre-instalación se testaron e actualizaron tódalas melloras e desenvolvementos específicos do Atom usado na provincia de Pontevedra, garantíndose a súa continuidade funcional ou mellorando o seu resultado.

En todo caso, de xurdir no proceso de implementación desta nova versión calquera circunstancia, está previsto e programado o oportuno seguimento e, de ser necesario, as pertinentes actuacións para garantir a continuidade do servizo.

Os cambios máis destacados son os seguintes:

-Agregar a capacidade de programación de tarefas en segundo plano na interface web.

-Desenvolver múltiples melloras nas procuras e navegación:

*Filtro de "Descricións de nivel superior" nas páxinas de procura ou exploración

*Agregar un reconto de rexistros a continuación á vista de árbore cando os resultados se  truncan con "…"

*Mellora da vista de árbore de páxina completa

*Agregar novas opcións de exploración ao menú contextual da dereita

* Agregar exportación de resultados de procura avanzada

*Mellorar os analizadores ES para un mellor traballo con diacríticos

*Mellorar a accesibilidade

*Combinar as páxinas de búsqueda, exploración e procura avanzada para admitir o uso de facetas e filtros nos resultados.

-Incorporación do portapapeis e múltiples funcionalidades engadidas

-exportación CSV na páxina do portapapeis

-opcións de clasificación

-gardado e recuperación de resultados do portapapeis

-Melloras na interface de fichas descritivas

- Agregar a función de cálculo de datas acumuladas

-Melloras de seguridade