ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

In memoriam Javier Fernández, Albatros (1951-2024)


23 de xaneiro de 2024 Audiovisuais
Albatros

O pasado día 20 de xaneiro faleceu, á idade de 73 anos, o artista pontevedrés Javier Fernández, Albatros. Formado nos Estados Unidos, foi fotógrafo e pintor, así como un gran dinamizador da vida cultural da cidade. Colaborou coas súas fotografías en revistas galegas, españolas e estranxeiras, entre elas National Geographic.

No Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico contamos cun fondo formado por preto de 12.000 imaxes, tomadas entre 1973 e 2009 e dispoñibles en varios formatos (papel, negativos, diapositivas e fotografías dixitais). A temática das imaxes é moi variada: paisaxes urbanos e rurais, costumes e tradicións, retratos, etc. Destaca entre o fondo a serie de fotografías tomadas durante a rodaxe da serie de televisión Os outros feirantes, producida pola TVG en 1989 a partir da obra de Álvaro Cunqueiro, así como un salientable grupo de fotografías realizadas nos Estados Unidos, onde se formou.

Este fondo, adquirido pola Deputación en 2009, vai ser revisado nos próximos meses co fin de mellorar e completar a catalogación e dixitalización das imaxes.

Fotos