ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Música, humor e videocreación en nome da memoria histórica, mañá no Pazo da Cultura da man da Deputación

A inscrición pecharase ás 13.30 na web depo.gal, mais permitirase a entrada ata cubrir todas as localidades

04 de noviembre de 2021 Memoria histórica
Gala da Memoria

Música, humor e videocreación xuntaranse mañá venres para poñer en valor a memoria histórica da man da Deputación no Pazo da Cultura de Pontevedra. A ‘Gala da Memoria' terá sobre o escenario a Uxía, Sheila Patricia, Pedro Pastor, Wöyza, García MC, Su Garrido Pombo, Eladio Santos e Lois Pérez xunto ao discurso irreverente das presentadoras María Lado e Lucía Aldao (‘Aldaolado').

Aínda quedan prazas dispoñibles e o formulario de inscrición permanecerá aberto ata as 13.30 horas de mañá na web depo.gal. Despois desa hora as persoas interesadas deberán dirixirse directamente ao Pazo da Cultura, permitindo a entrada ata completar aforo.

O espectáculo pretende ser unha nova oportunidade para visibilizar que a música é unha ferramenta poderosa e unha boa aliada da memoria histórica para reivindicar, xerar emocións, e conectar co público.

María Lado e Lucía Aldao serán as conductoras do acto, abordando a memoria na provincia a través de pequenos monólogos.  Elas darán paso a varias das artistas que participaron no documental Acorda: Eladio Santos, Sheila Patricia e Su Garrido Pombo, así como Lois Pérez, guionista e condutor do documental, ademais de Uxía, como responsable da dirección artística do acto.

A gala contará tamén con outros talentos como Pedro Pastor, fillo de Luis Pastor e sobriño de Pedro Guerra; Wöyza, co seu novo proxecto ‘The Galician Messengers'; e García MC, outro dos nomes do hip hop galego, todos eles facendo gala do seu compromiso coa memoria. A videocreación chegará da man de Juanma Lodo.