Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698
Dispoñible en liña o Boletín Oficial de Galicia
11 de junio de 2021 Biblioteca
O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación ven de incorporar ao metabuscador Atopo os 48 números do Boletín Oficial de Galicia correspondentes ao ano 1833.
Tal e como indica Carré Aldao en A imprenta e a prensa en Galicia, o Boletín ten un carácter eminentemente oficial pero inserta tamén poesía patriótica e novas doutra temática.
Publicado entre setembro de 1833 (Nº 1) e abril de 1834 (Nº 82), foi substituído polos boletíns das catro provincias galegas.
Os orixinais consérvanse no arquivo municipal de Vigo e a súa consulta en liña é agora posible a través da seguinte ligazón.