ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

FONDOS GRÁFICOS

Os fondos gráficos do noso Servizo están formados por documentos orixinais desde os inicios do século XX ata os formatos dixitais da actualidade, nunha resposta fiel á evolución tecnolóxica da fotografía. Contamos con preto de 50.000 referencias, clasificadas en diferentes fondos ou coleccións.
  • FONDOS FOTOGRÁFICOS DA DEPUTACIÓN
    FONDOS FOTOGRÁFICOS DA DEPUTACIÓN
    Reunimos neste fondo máis de 20.000 fotografías realizadas polos diferentes servizos da Deputación nas que se reflicte a súa actividade cotiá: actos institucionais, exposicións, concursos, obras, presentacións, entrevistas, visitas etc. Amosan a vida da institución e, polo tanto, a vida económica, social e cultural da provincia desde mediados dos anos 50 do século XX.
    As fotografías, a maior parte delas dixitalizadas ou en proceso de dixitalización, agrúpanse en diferentes coleccións:
  • OUTROS FONDOS FOTOGRÁFICOS
    OUTROS FONDOS FOTOGRÁFICOS
    Reúnense baixo este epígrafe fondos fotográficos alleos á Deputación pero que se conservan no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico incorporados por doazón, compra ou outros xeitos de acceso e posteriormente catalogados e dixitalizados.
  • FOTÓGRAFOS NO ARQUIVO
    FOTÓGRAFOS NO ARQUIVO
    Fotografías, diapositivas e negativos doados á Deputación por diferentes fotógrafos da provincia e xestionados e conservados no noso Arquivo.
  • TARXETAS POSTAIS
    TARXETAS POSTAIS
    Fondos, dixitalizados na súa totalidade, formados por 6.600 tarxetas postais, en branco e negro e cor, desde os primeiros anos do século XX, cun valor patrimonial e histórico moi importante.
  • CARTEIS
    CARTEIS
    Colección de preto de 1.500 carteis, dixitalizados na súa totalidade, con diferentes temáticas, que reflicten os cambios sociais e culturais da provincia ao longo do tempo.