ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.596
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Premio Aberto de Microteatro sobre Memoria Histórica

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico considera de especial interese achegar a memoria histórica á mocidade a través de novos formatos que lles poidan resultar atraentes como a banda deseñada, a regueifa, os eventos musicais ou o teatro. Por esa razón convócase cada ano, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), un certame de microteatro que busca que a poboación en xeral, e a mocidade en particular, reflexione sobre a historia a través de propostas de carácter escénico en formato breve e no que a dramaturxia sexa unha ferramenta para visualizar un relato por moito tempo esquecido.

O prazo máximo de presentación de solicitudes é o 30 de xaneiro de 2023