ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

III Certame Microteatro da Memoria

19 de decembro de 2022

O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), acaban de lanzar a terceira edición do Certame de Microteatro da Memoria. Un premio que pretende divulgar a memoria histórica entre a xente nova e que tivo satisfactorios resultados nos exercicios anteriores pola súa boa acollida e pola calidade dos traballos que se presentaron.

Poderase participar con calquera texto de microteatro que sirva para dar a coñecer a sociedade previa ao golpe de Estado, as circunstancias do golpe, a ditadura, a represión, a resistencia ou a propia transmisión da memoria histórica.

Os escritos enviaranse ao correo electrónico esad.galicia@edu.xunta.gal, o prazo remata o 30 de xaneiro de 2023