ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE SILLEDA

Identificación

Arquivo municipal de Silleda
Rua Xeneral Franco,55. 36540 Silleda
986 580 000 - Fax:986 581 021
Responsable: Funcionarios municipais.

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.557
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 29.303

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1988
Reincorporacións documentais: 1994, 1999, 2003, 2011
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999

Mapa

O arquivo municipal instalouse na planta baixo cuberta da propia casa do concello. Esta é unha sinxela edificación en pedra, situada no centro da vila á carón da estrada Santiago–Ourense, con baixo e planta, na que se instalan as oficinas e dependencias municipais e outros servicios do mesmo ámbito xeográfico coma o xulgado de paz.

A estructura baixo cuberta ten o acceso mediante unha escaleira metálica interior dende a primeira planta, na que se atopan a maior parte das oficinas. Conta cunha superficie útil total de oitenta metros cadrados, divididos en múltiples habitáculos de escasas dimensións, condicionados pola estructura abufardada do conxunto. Do total da superficie da planta baixo cuberta unha zona está cedida ó xulgado de paz e outra dedicada a almacén dos materiais de oficina.

Presenta en xeral este local, logo da última mellora, unhas aceptables condicións de habitabilidade e unha dotación de equipamentos suficiente para a instalación do fondo documental existente; en todo caso as deficiencia veñen da incomodidade do seu acceso e da excesiva parcelación interior do local.

Combina na actualidade a estantería metálica e a de madeira, cun total de centro trinta metros lineais útiles. Conta con ficheiro pero carece de posibilidade de consulta no propio local.

Plano Arquivo municipal de Silleda