ATOPO
Rexistros actuais: 1.692.376
Obxectos dixitais dispoñibles: 507.755

Día das Bibliotecas


20 de outubro de 2026 Biblioteca
Día das bibliotecas

Con motivo do Día das Bibliotecas, que como cada ano se celebra o 24 de outubro, desde o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra obsequiaremos cun pequeno lote de libros as persoas que durante o último ano fixesen uso dos fondos da nosa biblioteca para as súas tarefas de investigación.

Unha vez recibido o correspondente correo electrónico informativo poderán recoller as publicacións (facilitadas pola Editorial da Deputación ou procedentes do fondo de exemplares duplicados) nas instalacións da biblioteca (rúa Padre Amoedo, 1, edificio do Arquivo, 2.º andar) entre o 23 e o 30 de outubro, de luns a venres, de 9 a 14 h.

Por outra banda, o equipo da biblioteca publicou na súa correspondente sección da web o boletín de novidades, no que se recollen as últimas incorporacións. Este será enviado tamén vía correo electrónico a todas aquelas persoas que realizasen a correspondente solicitude a través da subscrición.

En total están dispoñibles máis de sesenta novos títulos na modalidade de préstamo ou consulta en sala e relacionados desde o punto de vista da súa autoría, edición ou temática, co ámbito galego e, nunha alta porcentaxe, coa provincia de Pontevedra.