Nova actuación de asistencia técnica no arquivo do Concello de Baiona
O persoal da sección de arquivos da provincia do Servizo técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de incorporación da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Baiona.
Esta última actuación iniciouse en xuño de 2024 co estudo da serie documental "expedientes do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana". O Consello de Avaliación Documental de Galicia emitiu ditame favorable na reunión do 5 de xullo de 2024 para a eliminación dos expedientes de datas extremas 1938-2014.
Neste proceso de clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos utilizarónse 150 caixas resultantes do expurgo e incorporáronse 1.050 novas unidades de instalación.
Este arquivo municipal é o que ten máis documentación anterior ó século XIX dos da provincia. Conta cunha colección documental, disposta en 92 unidades de instalación, que inclúe fondos variados, especialmente referidos ó Hospital Sancti Spiritus, coa documentación máis antiga, dende 1320, que se gardaba no seu día no moble de arquivo que aínda conserva, realizado en 1679.
O seu cadro de clasificación pode verse na web.
Para máis información sobre o arquivo do Concello de Baiona, pode facerse unha pesquisa no portal Atopo.