ATOPO
Rexistros actuais: 1.676.864
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.814

Nova actuación de asistencia técnica no arquivo do Concello do Rosal.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 4.031 unidades de instalación

27 de xullo de 2026 Arquivos municipais
Actuación no Rosal

O persoal da sección de arquivos da provincia do Servizo do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra acaba de rematar o proceso de incorporación da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal do Rosal.

Neste proceso de clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos incorporáronse 432 novas unidades de instalación. Previamente, no local habilitado para arquivo, no baixo cuberta da casa do concello, instaláronse novas estanterías para albergar esta documentación cunhas notables condicións que garanten o seu uso e conservación.

O seu cadro de clasificación pode verse na web do arquivo.

Para máis información sobre o arquivo do Concello do Rosal, pode facerse unha pesquisa no portal Atopo.