ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Unha viaxe a realidade social dos pequenos municipios na posguerra

Xunta de Axuda a Municipios

30 de marzo de 2020 Fondos documentais , Fondos gráficos

Fondo documental de orixe público que abrangue desde 1945 ata 1965, e cun volume de noventa e nove unidades de instalación e case dúas mil trescentas agrupacións documentais. A información que nos achega, versa sobre a labor desempeñada pola Xunta de Axuda a Municipios, que nace coa misión de posibilitar a realización de obras e proxectos nos pequenos concellos da provincia. Descoñécese a data de desaparición como Xunta independente dentro da Obra Social do Movemento, no obstante, o seu labor foi asumido polo Servizo de Cooperación da Deputación. Tamén, aínda que en menor medida, se recolle información da Dirección Xeral de Rexións Devastadas creada en 1938, co obxectivo de orientar, facilitar e en moitos casos reconstruir directamente os danos causados pola Guerra Civil.

Trátase dun fondo pechado, o seu ingreso no arquivo foi por medio de transferencia do Servizo de Cooperación. Presenta unha organización dividida en dúas seccións ; A Xunta de Axuda a Municipios que engloba expedientes administrativos e expedientes de obras por concellos, e a Dirección Xeral de Rexións Devastadas que inclúe expedientes de subvencións.

Pero o máis interesante, non só é información relativa ás obras realizadas nos diversos concellos, senón a gran variedade de fotografías conservadas nos expedientes, que nos deixan constancia visual de pontes, lavadoiros, fontes, casas dos concellos, camiños e centros rurais de hixiene. De ahí, a súa importancia na aportación de datos significativos para o estudo da realidade social de esta época histórica, especialmente no que atinxe aos pequenos municipios. Cómpre dicir a este respecto, que se están dixitalizando estas fotografías e moitas delas xa están disponibles, ademais da descrición dos expedientes e agrupacións documentais atopo.depo.gal; Atopo.

A información sobre o fondo pode verse na nosa web.

Exemplos de material fotográfico que podemos atopar :

Fonte e lavadoiro en Cadrelo, Marín, 1950

Fonte pública da Guarda, 1950