ATOPO
Rexistros actuais: 1.670.816
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.614

Xornadas de Memoria Histórica. 90 anos do Estatuto


02 de xuño de 2026 Memoria histórica
Imaxe relatorio

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra organizan as Xornadas de Memoria histórica 90 anos do Estatuto que comezarán co relatorio Estatuto do 36. Referente político e "lugar de memoria" do historiador e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Ramón Villares .

As Xornadas, que terán lugar nestes vindeiros mércores de xuño, incluirán dous relatorios sobre o momento histórico de 1936, e sobre o longo periodo que rematou co Estatuto de 1981, e pecharao unha mesa redonda con representantes de diferentes partidos políticos sobre as posibilidades de reforma e revisión do texto no momento actual.

Este primeiro relatorio terá lugar o mañá mércores 3 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.