ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Xefatura Provincial de Pontevedra. Movemento Nacional

Área de descrición

  • Datas de existencia 1937-1977

  • Historia De acordo co Decreto de Unificación do 19 de abril, en 1937 nace a Falange Española Tradicionalista de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET de las JONS) como partido único despois da unión de Comunión Tradicionalista e Falange Española de las JONS. Esta forza política resultante foi coñecida, tamén, como Movemento Nacional, chegando a superar o concepto de mero partido político para constituír a columna vertebral do Estado. Dotado dos seus primeiros estatutos o 4 de agosto dese ano, foron reformadas e aprobadas as súas modificacións mediante o Decreto do 31 de xullo de 1939. Nel contémplanse, como órganos provinciais do Movemento, o xefe provincial, máxima autoridade política da provincia, cuxo posto foi desempeñado na práctica polo gobernador civil, o secretario, o tesoureiro, os delegados provinciais de servizos e o xefe provincial de Milicias. Despois de estruturarse no Decreto do 20 de xullo de 1957 os servizos da Secretaría Xeral do Movemento, acométese, dous anos máis tarde, a refundición de todas as disposicións dictadas ata o momento relativas á organización territorial do Movemento. A Orde do 1 de decembro de 1959 aprobando o regulamento de organización e funcionamento das xefaturas provinciais e locais deixou establecidas a súa estrutura orgánica, funcións e competencias. Aínda que a Secretaría Xeral experimenta un novo cambio na súa estrutura sancionado polo Decreto 15/1970, do 5 de xaneiro, as xefaturas provinciais non se ven afectadas, xa que logo o seu regulamento seguirá en vigor ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, sobre reestruturación dos órganos dependentes do consello nacional e novo réxime xurídico das asociacións, funcionarios e patrimonio do movemento.

  • Lugares Galicia - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)