ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Cámara Agraria Provincial de Pontevedra

Área de descrición

  • Datas de existencia 1939-1995

  • Historia A orixe remota das Cámaras agrícolas remóntanse ó Rd de 14 de novembro de 1890, que regula de forma detallada estas asociacións agrarias, de carácter voluntario e cualificadas de interese público, con funcións de defensa e fomento dos intereses agrícolas. Logo de varias modificacións, atendendo á realidade socio-política de cada momento, xorden as Irmandades sindicais de labregos e gandeiros no ano 1939, modificadas polo Decreto de unidade sindical agraria de 17 de xullo de 1944 e a publicación do regulamento das Irmandades en 1945. As Irmandades sindicais provincias conviviron ata 1947 coas Cámaras oficiais agrícolas, fusionándose nunha nova corporación de dereito público denominada Cámara Oficial Sindical Agraria (COSA). A COSA tiña funcións moi amplas, pasando de ser corpos consultivos da administración en materia agraria a actuar como órganos executivos e representantes dos intereses dos traballadores agrícolas e das industrias relacionadas con eles. A aparición dun sistema democrático e a nova realidade sindical derivaron na creación en 1977, en plena transición democrática, das Cámaras agrarias provinciais, que se mantiveron ata a súa descentralización e transferencia as respectivas Comunidades Autónomas no ano 1995. Estes derradeiros procesos conlevaron unha paralización administrativa e funcional destas, antesala dunha prevista desaparición como organismo.

  • Lugares Galicia-Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)