ATOPO
Rexistros actuais: 1.332.948
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.503

Universidade de Vigo. Facultade de Educación e Traballo Social

Área de descrición

  • Datas de existencia 1841-Actualidade

  • Historia O 4 de decembro de 1841 ábrese a Escola Normal de Ourense, sendo o seu primeiro director Cleto Marcelino Correa. Este profesor, becado pola Deputación Provincial, pertencía á primeira promoción da Escola Normal-Seminario do Reino, creada no ano de 1839 en Madrid e dirixida polo famoso pedagogo Pablo Montesino. É a de Ourense a primeira Escola Normal de mestres creada en Galicia, e foi a última que se integrou na Facultade de Educación (a penúltima integrada de España dentro dunha Facultade) no ano 2000. Por Real Orde de 27 de xullo de 1844, con data do 11 de agosto dese anno, noméase director a Manuel Anta, convertíndose no segundo director da Normal ourensana. En 1848 hai un intento de pechar a Escola por ter só unha matrícula de 12 estudantes. En 1849 asígnaselle un local no antigo convento de Santo Domingo, situado no soar que hoxe ocupa a Delegación de Facenda. En 1853 a Deputación Provincial fai un intento de pechala por ter unha matrícula tan baixa, que só se recadan pola mesma 1.500 reais, e o orzamentol anual era de 39 mil reais. En 1856 a Escola Normal é trasladada a unha nova casa pola que se pagan de alugueiro ao ano 4.000 reais. A precariedade ao longo do século XIX é realmente proverbial, pero aínda así mantense aberta. A Escola Normal ourensá estivo localizada en varios locais de alugueiro en diversos momentos. De 1849 a 1856, como xa diximos, no antigo convento de Santo Domingo. Pasou logo por outros locais: os baixos do Seminario en Santa Eufemia do centro da rúa Lamas Carvajal. Tamén no Instituto antigo que hoxe leva o nome de Otero Pedrayo. Máis tarde durante bastantes anosno edificio da rúa Progreso, próximo ao antigo cárcere, á Casa do Pobo e ao edificio do antigo Colexio Universitario. A escola para as prácticas de ensinanza estaba na rúa situada ao norte do novo edificio da Telefónica, moi próxima ao Posío. Finalmente, foi no curso 1959-60 cando se trasladou ao barrio da Ponte, na rúa Vicente Risco. O amplo edificio albergaba a Normal e a Anexa para as prácticas e máis tarde construíuse ao lado un novo edificio denominado Colegio de Prácticas. Durante 40 anos a Normal ocupou este amplo edificio. Até que no ano 2000, ao integrarse na Facultade de Educación, pasou ao edificio denominado "de ferro" do Campus universitario, xunto ao antigo hospital da cidade. E onde continúan os estudos de formación do profesorado, en varias especialidades. Entre outros, ademáis dos citados ao principio, a Normal tivo como directores a Emilio Amor, Vicente Risco, Concepción Amat, Manuel Bermúdez, Alfonso Cid, José Paz, Manuel G. Piñeiro, Camilo Brandín e Andrés F. Sobrino.

  • Lugares Galicia - Ourense - Ourense

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)