ATOPO
Rexistros actuais: 1.644.787
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.162

Fondos

FAMILIA CAYETANO RODRÍGUEZ

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.60

  • Título FAMILIA CAYETANO RODRÍGUEZ

  • Data(s) 1970 (Produción)

  • Volume e soporte 3 PELÍCULAS dixitalizadas de 3 bobinas de Super8

Área de contexto

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística No ano 2014 ábrese no Arquivo municipal de Redondela o proxecto do Arquivo Audiovisual: un lugar onde poder custodiar copias dixitais das fotografías que as persoas veciñas de Redondela queiran compartir co resto da veciñanza. O protocolo é sempre o mesmo: as persoas propietarias ceden temporalmente as fotografías no Arquivo municipal para proceder ó seu escaneo. Unha vez dixitalizadas son devoltas ós/ás seus/súas cedentes en igual maneira en que foron depositadas. Entrégase, ademais, unha copia en dixital de todo o material entregado. A persoa propietaria das fotografías firma por escrito un documento onde permite a difusión das imaxes, así coma o uso libre das mesmas (sempre e cando non sexan usadas con fins lucrativos) e sempre baixo unha única condición: que sempre que se usen as fotografías, sexa citado claramente a orixe das mesmas: Fondo propiedade de... O Concello, pola súa parte, comprométese a crear un Fondo particular por cada persoa o familia cedente, non sendo nunca o Concello de Redondela propietaria das fotografías, senón canle para a súa difusión. Neste caso, trátase do Fondo propiedade de ALEJANDRO CAYETANO RODRÍGUEZ, ROCÍO CAYETANO RODRÍGUEZ e LUISA CAYETANO RODRÍGUEZ, veciñas de Redondela e Arxentina que herda do seu pai estas cintas. O propietario poderá ir cedendo paulatinamente ó Arquivo Audiovisual máis fotografías. O fondo, polo tanto, está susceptible de ser ampliado.

  • Forma do ingreso Expediente 6105/2025 de cesión temporal e difusión das películas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente 6105/2024: Trátase de 3 películas dixitalizadas de 3 bobinas de cintas Super8.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Consulta e difusión libres. Non puidendo ser nunca utilizadas con fins lucrativos e respectando sempre a dignidade das persoas e escenas retratadas.

  • Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: Fondo Propiedade de Familia Cayetano Rodríguez

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Películas dixitalizadas en .avi, .mp4 HD mp4.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de D. Alejandro Cayetano Rodríguez, que as cedeu temporalmente para a súa dixitalización.

  • Existencia e localización de copias As copias dixitais xeradas no Arquivo do Concello de Redondela atópanse no servidor do propio arquivo e accesibles no apartado "Redondela aberta" da web municipal: https://www.redondelaberta.gal/home

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición