Fondos
FAMILIA CAYETANO RODRÍGUEZ 003. Película de cinta Super8 "Reboreda". (1970)
Película de cinta Super8 "Reboreda". (1970)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.60.FAMILIA CAYETANO RODRÍGUEZ 003
Título Película de cinta Super8 "Reboreda". (1970)
Data(s) 1970 (Creación)
Volume e soporte Película dixitalizada en .mp4, HD.mp4 e .AVI
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Película colección da Familia Cayetano Rodríguez, cedida temporalmente no 2024 por Alejandro Cayetano Rodríguez para a súa dixitalización. Unha vez dixitalizada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a bobina de Super8. Parte do significado das fotografías foi transmitido oralmente polas propietarias das mesmas.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido FAMILIA CAYETANO RODRÍGUEZ 003. Expediente 6105/2024
Película de 31:14 minutos, orixinalmente en Super8 dixitalizada a .mp4 e .avi. Foi gravada pola familia nunha viaxe que fixeron dende Arxentina a Redondela, a súa vila natal no verán de principios da década dos 1970.
A caixa da bobina tiña unha nota manuscrita que pon: " 1º viaje. Procesión de Reboreda con la madre y hermana de Mingolas. Carlos Fosca. El Rubio y sus hijos con Lita. Túnel de Redondela. Estación nueva y vieja. Vistas de Redondela. Procesión de Santa Marina. Rías Baixas. Samil. Toralla sin el edificio. Comida en el Rías Baixas. Familia tío José. Tío Luis y la hija de tía Leonor. Tía Herminda. Juegos Alameda de Redondela. Fútbol y Mariscando. Genaro pintando. Limpiando el río de Redondela. Lavaderos. Procesión en el mar. Dia que regresamos en el barco con los primos despidiéndonos. Marujita Lili Manolo Fernando"
As esceas que saen, minutadas, son as seguintes:
REBOREDA
.- 00:00:01 a 00:00: 06: Cartel "Reboreda"
.- 00:00:07 a 00:00:22: Festa de Reboreda. Familia Cayetano Rodríguez; barcas.
.- 00:00: 23 a 00:01:44 Procesión. Sae Fotsca. Banda de música. Xente no Torreiro. Igrexa de Santa María de Reboreda
.- 00:01:45 a 00:02:02: Familia Cayetano con Fotsca.
.- 00:02:03 a 00:02:16: Procesión
.- 00:02:17 a 00:02:57: Comida no Prado de Reboreda anexo ó Carballo das cen pólas.
.- 00:02:58 a 00:03:26: Baile no Torreiro da Festa.
REDONDELA
.- 00:03:27 a 00:03:29: Cartel de "Redondela"
.- 00:03:30 a 00:03:58: Estación de tren de Redondela
.- 00:03:59 a 00:04:29: Vistas dende a estación de tren do río Alvedosa na desembocadura, escolleras, Monte da Telleira, colexio de EXB Ramón Encinas, a Picota, Paseo á Portela, Monte de Machaquito.
.- 00:04:30 a 00:04:52: Túnel
.- 00:04:53 a 00:05:45: chegada de tren á estación de Redondela. Estación con persoas esperando. Vista da Casa de Puente.
.- 00:05:46 a 00:06:42: vistas dende o viaducto de Pontevedra da rúa Loureiro, Esfarrapada, rúa Prata, Alameda de Redondela, Casa do Concello.
.- 00:06:43 a 00:06:53: Rúa Picota
.- 00:06:54 a 00:07:35: Vistas de Redondela dende o viaducto de Madrid. Alameda, Xunqueira, Ilsa Frigo, Casa de fenosa, confuencia do río Maceiras e o Avedos. Fábrica EIMA, Fábrica de Regojo.
.- 00:07:36 a 00:07:57: Vistas dende o viaducto de Madrid. Convento de Vilavella, Estrada a Fortóns.
.- 00:07:58 a 00:08:04: Paso de tren de mercancías por riba do Viaducto de Madrid.
.- 00:08:05 a 00:08:05: Vistas de Redondela dende o viaducto de Madrid. Pazo de Petán. Casa cuartel. Instituto da Xunqueira en construcción.
.- 00:08:34 a 00:08:39: Vista do viaducto de Saxamonde dende o viaducto de Madrid.
SANTA MARINA
.- 00:08:40 a 00:08:45: Cartel que pon "Santa Marina"
.- 00:08:46 a 00:10:00: Festas das Angustias en Santa Mariña. Grupo de persoas agardando no adro da capela. Procesión. Cruz do tellado da capela con bombas de palenque.
.- 00:10:01 a 00:10:19: Xente na Alameda e rúa Xeneral Rubín. Viaducto de Ourense.
.- 00:10:20 a 00:11:44: Fogos artificiais.
.- 00:11:45 a 00:12:01: Luces de festa e chiribitines das Angustias pola noite.
RÍAS BAIXAS
.- 00:12:02 a 00:14:21: Vistas de Samil, Ría de Vigo, Illa de Toraya sen edificio. Hotel e nenos e nenas en piscina.
.- 00:14:22 a 00:14:59: Comida familiar con Mariscada de Ostras, caramuxos da familia Cayetano Rodríguez.
.- 00:15:00 a 00:17:27: Familia traballando na horta, no campo. Sachando e un pequeno porco. Familia tío José. Tío Luis y la hija de tía Leonor. Collendo e probando o viño no Viso, ós pés da Peneda. Tía Herminda.
.- 00:17:28 a 00:18:26: Columpios da Alameda. Hai unha carpa azul moi grande no aparcadoiro da Ribeira. Río Alvedosa, Mercdo municipal. O aparcadoiro da Ribera era máis pequeno e o río Alvedosa tiña un peirao ahí. Aínda non está construído o scalextric. Viaducto de Pontevedra co paso do tren.
.- 00:18:27 a 00:18:47: nenos da famlia Cayetano Rodríguez posando na actual Avenida Ernestina Otero. Nese momento, un camiño de 2 m de ancho. Río Alvedosa, Alameda e columpios dende o outro lado do río.
.- 00:18:48 a 00:18:56: Estrada do campo de Fútbol de Santa Mariña. Campo de futbol de Santa Mariña.
.- 00:18:56 a 00:19:13: Partido de fútbol do C.F. Choco.
.- 00:19:14 a 00:20:17: Vistas de mulleres e homes mariscando na zona da telleira con marea baixa e día soleado.
.- 00:20:18 e 00:20:28: Genaro Alonso pintando na estrada á Portela. Cayetano. Fernando Alfaya de neno.
.- 00:20:29 a 00:21:12: escolleras do río Alvedosa camiño á Portela, Cedeira. Fábrica da IME S.A. en Punta Socorro.
.- 00:21:13 a 00:21:15: mariscadores e mariscadoras ó sur do muelle de Cesantes.
.- 00:21:16 a 00:21:46: familia Cayetano Rodriguez comendo berberechos e ameixas collidos do mar e xogando na orilla. Ó fondo, mariscadores/as.
.- 00:21:47 a 00:22:10: venda de ameixas na Lonxa de Cesantes. Homes cargando con palas nun camión unha montaña de ameixas.
.- 00:22:11 a 00:23:15: barcos, mariñeiros e mulleres en barcos no muelle de Cesantes. Escola de nenas do patronato JOB dentro da Fábrica de Mañas (hoxe Rodríguez & Pascual). Praia do muelle. Praia de Cesantes: muelle, a Marina ata Punta. Illa de San Simón.
.- 00:23:15 a 00:23:45: LImpieza do Río Alvedosa, vista a Praza de Rivadabia (A Farola), Talleres Aurelio García, Lavaderos de OSM (Sarita Montiel).
.- 00:23:46 a 00:26:40: Día do Carme en Cesantes. Procesión en barcas dende o muelle de Cesantes. Barcos con bandeiras, cheos de xente. Seguimento da procesión marítima dende un barco.Faise panorámica da praia dende o muelle ata a punta. Chegada dos barcos. Banda de música. Bombas de palenque. Vista da ría de Vigo (ausencia da ponte de Rande). Illa de San Simón con zoom.
.- 00:26:41 a 00:26:40: Familia cun señor na Xunqueira. Restaurante España e obras (construcción do Instituto?)
.- 00:26:48 a 00:27:00: Vistas dende Rande á ría. Cargadoiro de mineral de Otto Wagner. Trasmañó. Ausencia de ponte e Rande. Barco marchando da ría vista dende Vigo. A guía.
.- 00:27:50 a 31:14:00: despedida da familia no muelle de Vigo (Naútico).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes ou d apelícula deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade da familia Cayetano Rodríguez". A difusión da imaxe é libre sempre que se cite a propiedade e sempre que sexa usada con respecto hacia as persoas que nela aparecen e sen fins lucrativos.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión da Familia Cayetano Rodríguez, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Copias dixitais no Arquivo do Concello de Redondela.
Ãrea de notas
Nota