ATOPO
Rexistros actuais: 1.285.497
Obxectos dixitais dispoñibles: 428.455

Fondos

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36061.AM.VILNOV.

  • Título CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

  • Data(s) 1562-2013 (Creación) 1562-00-00 - 2020-04-13 (Produción)

  • Volume e soporte 5.417 unidades de instalación con 38.177 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilanova de Arousa(1836-) O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

  • Historia arquivística Logo de sucesivos traslados, depósitos provisionais e reformas hoxe en día disponse o patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión, na planta superior do edificio do mercado municipal, edificación illada próxima ó Concello. A escaseza de espacio para as dependencias e os servizos municipais fixo necesario este traslado na procura dun espacio digno e suficiente para a conservación da documentación dende a súa anterior situación na planta baixa da propia casa do Concello. Este espacio dedicado a arquivo municipal distribúese en dúas salas con acceso independente para destinalas a depósito, rectangulares e de grande lonxitude; na súa cabeceira disponse o acceso directo mediante unha ampla escalinata dende a rúa e dúas salas cadradas para a colocación de fondos bibliográficos e boletíns, que serven ademais de sala de traballo e consulta. Foi todo o conxunto remozado e rehabilitado para esta nova función, conseguíndose unhas axeitadas condicións de habitabilidade e dotado con equipamentos suficientes, entre os que se inclúen portas de seguridade, estantería metálica abundante, ficheiro metálico, mesa de consulta e ordenador. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1983, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local, nos anos 1988, 1995, 1996, 1999, 2000, 2001, 2003, 2005, 2007, 2008, 2010 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María Jesús Abal Sabarís Alberto Allegue Otero Consuelo Amoedo Lorenzo María Esther del Castillo Fondevila José Luis Castro Carpintero María del Carmen Fariña Fernández Josefa Fernández Ayuso Vicente García Romero Manuela González Rey María José Liñares Noya Marisol Martínez Vázquez Jaime Moiño Vaamonde Mónica Núñez Carro Silvia Patiño Bouzas María del Carmen Pereira Pazos Rosa Pérez Diz Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Montserrat Romero Alonso Carmen Touzón Fernández Ángela Garra Oubiña Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Supón polo tanto un dos maiores conxuntos documentais dentro dos concellos da provincia, con abundante documentación e series completas do século XIX, sendo menor o nivel de destrucción e apreciándose en xeral un bo estado de conservación. Consérvanse así os libros de actas do Pleno dende 1835, expedientes de eleccións dende 1844, padróns de habitantes dende 1836, expedientes de recrutamento dende 1836 ou documentación dos presupostos municipais dende 1839.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 6.255 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 30.507 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilanova de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200434496