ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.566
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE NIGRÁN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AXP.NIG.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE NIGRÁN

  • Data(s) 1869-2002 (Creación) 1869-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 208 libros do rexistro civil e 96 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 952 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Nigrán(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Nigrán no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Vigo, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Baiona e Gondomar.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Nigrán

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta dun local propio ocupando unha superficie de 150 m2 e nun local de 10 m2 de superficie. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 15 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por María Herminia Martínez Pereira e Carmen Pérez Larán.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1869, criminal dende 1946 e gobernativa dende 1945, ou de eleccións dende 1985. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1923-2001 10
    1.2. NACEMENTOS 1871-2002 118
    1.3. MATRIMONIOS 1870-2002 65
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 69
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1969-2001 2
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA
    1.7. NACIONALIDADE 1931-2001 3
    
    2. XULGADO
    
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1945-2000 13
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1869-2001 24
    2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1946-2001 12
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1914-2001 21
    2.5. ELECCIÓNS 1985-2001 3
    2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1983-1984 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Nigrán, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Nigrán

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición