ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

XULGADO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36053.AXP.SOU..2

  • Título XULGADO

  • Data(s) 1874-1991 (Creación) 1874-00-00 - 1991-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 37 unidades de instalación con 56 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O 23 de febreiro do ano 1870 apróbase a Lei Provisional sobre a organización do poder xudicial. No seu título I presenta a división territorial coa que se configura a nova estrutura xudicial, quedando organizada en Distritos; estes en Partidos; estes en circunscricións, e estas en termos municipais. Engade que os xulgados e tribunais, calquera que sexa a súa clase, coa excepción do Tribunal Supremo, tomarán a denominación das vilas nas que se asenten, obrigando ós xuíces municipais a residiren no termo municipal onde exercen as súas funcións. Nesta lei non se fai referencia ningunha á relación entre os alcaldes e a xustiza impartida no territorio do concello, polo que se pode entender que perden a partir desta lei estas funcións. Establécese que tódolos concellos terán o seu propio xulgado e xuíz, cargo este que será bienal e obrigatorio, debendo saber ler e escribir aqueles que o detenten, sendo nomeados polos presidentes das Audiencias, en virtude dunha proposta de tres que lles farán ós presidentes dos tribunais do Partido. No capítulo II resólvense as atribucións dos xuíces municipais en dous aspectos: • Materia civil: fundamentalmente na celebración de actos de conciliación; exerce-la xurisdición voluntaria nos casos para os que expresamente autoricen as leis; coñecer en primeira instancia e en xuízo verbal das demandas que no excedan de 250 pesetas; ditar as primeiras providencias nas sucesións intestadas . . . e coñecer dos demais xuízos que se lles encomenden polas leis. • Materia penal: coñecer en primeira instancia os xuízos de faltas; instruí-las primeiras dilixencias nas causas criminais e desempeña-las condicións auxiliadoras que os xuíces de instrución e o tribunal do Partido lles confiran. A formulación proposta na lei de 1870 conservouse ata a Lei de Bases para a reforma da xustiza municipal, de 19 de xullo de 1944, que dispoñía a necesidade de levar un xuíz, un fiscal e un secretario a cada xulgado municipal, é dicir, de soste-los xulgados con persoal tecnicamente cualificado. En todo caso só incluía nesta obriga os xulgados comarcais, de nova creación, de capital de provincia e municipais de máis de 20.000 habitantes, polo que non resolvía a situación da maioría dos xulgados dos concellos, establecendo para estes casos a creación dos Xulgados de Paz, nos que desempeñarían as súas funcións as persoas de arraigo e idoneidade, coa finalidade primordial de procurar a avenencia entre os veciños e con competencias para decidiren só nos xuízos de faltas, agás nos de lesións, imprenta e estafa, e nos xuízos de cognición que non excedesen de 250 pesetas. Como curiosidade da citada lei, sinalar que os xuíces destes Xulgados de Paz, ademais de prestixio e arraigo na localidade, deberían cumprir unha condición indispensable, a de pertencer á “Falanxe Española Tradicionalista y de la JONS”. Esta lei e o seu desenvolvemento posterior veñen a determina-las actuacións competencias dos xuíces de paz: • En materia civil: entender nos actos de conciliación civil e mais executa-lo disposto na lexislación sempre que a súa contía non exceda de 250 pesetas e substanciar en primeira instancia, decidir e mais executa-los xuízos verbais civís cando a contía non exceda de 250 pesetas. • En materia criminal: coñecer en primeira instancia os feitos punibles no código penal e leis especiais, agás os casos de imprenta, lesións e mais estafa. Formar atestados, con ocasión de delitos ata que poida actua-lo xuíz comarcal. • En materia rexistral: ter ó seu cargo o rexistro civil no termo da súa xurisdición, estendendo as inscricións voluntarias e ordinarias de nacementos, defuncións e matrimonios, as inscricións marxinais, emenda de erros ou fóra de prazo, e expedindo as certificacións oportunas. • En materia gobernativa: entre outros, consentimentos paternos a menores para contraer matrimonio, ingreso no exército, obtención de pasaporte . . .

  • Organizació

    Esta sección, XULGADO, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- ADMINISTRACIÓN
    
    2.1.1.- Correspondencia. Certificacións
    2.1.2.- Libro rexistro de correspondencia
    2.1.3.- Libro rexistro de impresos
    2.1.4.- Libro rexistro de certificacións
    2.1.5.- Libro rexistro de correccións disciplinarias
    2.1.6.- Libro rexistro de ordes, circulares e comunicacións
    2.1.7.- Libro provisional de entrada e saída de correspondencia
    2.1.8.- Libro de coñecemento das causas que se entregan ós procuradores
    2.1.9.- Libro de turno de procuradores e avogados
    2.1.10.- Inventario de libros e documentos do Xulgado
    2.1.11.- Cargos e persoal
    2.1.12.- Libro de asistencia de persoal
    2.1.13.- Libro de posesións de persoal
    2.1.14.- Contabilidade. Estatísticas
    2.1.15.- Actas de visitas
    2.1.16.- Libro de actas de visitas
    2.1.17.- Expedientes de patrimonio
    2.1.18.- Libro diario
    2.1.19.- Libro de ingresos por asuntos e documentos xudiciais
    2.1.20.- Libro rexistro de consignacións ou depósitos
    2.1.21.- Libro rexistro de xóvenes acollidos ou porfillados
    2.1.22.- Libro de conferencias
    2.1.23.- Libro rexistro de coñecemento de oficio
    2.1.24.- Libro rexistro de locomocións en saídas de oficio
    2.1.25.- Libro de coñecementos da escribanía e secretaría do Xulgado
    
    2.2.- ASUNTOS CIVIS
    
    2.2.1.- Conciliacións
    2.2.2.- Xuízos verbais civís
    2.2.3.- Apelacións xuízos civís
    2.2.4.- Libro de sinalamentos
    2.2.5.- Libro rexistro de conciliacións
    2.2.6.- Expedientes de pobreza
    2.2.7.- Expedientes de foros
    2.2.8.- Expedientes de alleamento de bens
    2.2.9.- Expedientes de conta xurada
    2.2.10.- Expedientes de apeos e rateo
    2.2.11.- Expedientes de expurgo de asuntos civís
    2.2.12.- Libro rexistro asuntos que devindican dereitos
    2.2.13.- Libro rexistro de exhortos civís
    2.2.14.- Libro rexistro de asuntos civís
    2.2.15.- Libro de apelacións de xuízos civís
    2.2.16.- Apelacións de cognicións
    2.2.17.- Xuízos executivos
    2.2.18.- Xuízos de maior contía
    2.2.19.- Xuízos de menor contía
    2.2.20.- Xuízos civís de cognición
    2.2.21.- Libro rexistro de tutelas
    
    2.3.- ASUNTOS CRIMINAIS
    
    2.3.1.- Libro rexistro de asuntos criminais
    2.3.2.- Xuízos de faltas
    2.3.3.- Apelacións de faltas
    2.3.4.- Libro rexistro de apelacións de xuízos de faltas
    2.3.5.- Denuncias e exhortos penais
    2.3.6.- Dilixencias criminais previas
    2.3.7.- Libro rexistro de premas en causa criminal
    2.3.8.- Libro rexistro de sumarios
    2.3.9.- Libro rexistro de exhortos criminais
    2.3.10.- Libro rexistro de xuízos de faltas
    2.3.11.- Libro rexistro de dilixencias criminais previas
    2.3.12.- Libro de antecedentes penais
    
    2.4.- ASUNTOS GOBERNATIVOS
    
    2.4.1.- Abintestatos
    2.4.2.- Atestados
    2.4.3.- Actas de poxas
    2.4.4.- Actas de embargo e desafiuzamento
    2.4.5.- Actas de consentimento paterno e materno
    2.4.6.- Actas de sinistros
    2.4.7.- Actas de representación en procedementos laborais
    2.4.8.- Antecedentes penais
    2.4.9.- Cédulas de citación e requirimento
    2.4.10.- Comparecencias
    2.4.11.- Copias de escrituras de compra-venda
    2.4.12.- Declaracións de ausencia
    2.4.13.- Declaracións
    2.4.14.- Denuncias
    2.4.15.- Documentación de penados
    2.4.16.- Dilixencias de consignación
    2.4.17.- Escritura de recoñecemento de débeda
    2.4.18.- Expedientes de cambio de nome
    2.4.19.- Expediente de xurisdición voluntaria sobre venda de bens de menores
    2.4.20.- Expedientes de multas
    2.4.21.- Expedientes de emancipacións, tutela e incapacidade
    2.4.22.- Expedientes de infracción ó regulamento de mobilización
    2.4.23.- Expedientes de quintas
    2.4.24.- Expedientes de recoñecemento de fotos
    2.4.25.- Exhortos
    2.4.26.- Xuízos de desafiuzamento
    2.4.27.- Expedientes de entrada ó domicilio
    2.4.28.- Expedientes de responsabilidade civil
    2.4.29.- Informacións testificais
    2.4.30.- Informacións posesorias
    2.4.31.- Libro de residencia de reos
    2.4.32.- Libro de presentación de liberados
    2.4.33.- Libro rexistro de liberados
    2.4.34.- Libro especial de vendas e operacións industriais e comerciais
    2.4.35.- Libro rexistro de asuntos gobernativos
    2.4.36.- Libro rexistro de denuncias
    2.4.37.- Libro rexistro de emigrantes
    2.4.38.- Libro rexistro de executorias
    2.4.39.- Libro rexistro de legalización de libros
    2.4.40.- Libro rexistro de multas
    2.4.41.- Libro de exhortos
    2.4.42.- Legalización libros de comercio
    2.4.43.- Libro rexistro de penados
    2.4.44.- Expedientes de liberdade vixiada
    2.4.45.- Libro de actas da Xunta Local de Liberdade Vixiada
    2.4.46.- Libro rexistro de antecedentes penais
    2.4.47.- Libro de presentación de penados
    2.4.48.- Libro de presentación de procesados
    2.4.49.- Libro rexistro de condenas condicionais
    2.4.50.- Licenzas de enterramentos
    2.4.51.- Libro rexistro de correccións disciplinarias
    2.4.52.- Libro de actas da Sociedade de Agricultores
    2.4.53.- Libro de entrada de presos
    2.4.54.- Libro copiador de sentenzas
    2.4.55.- Notificacións de condenas
    2.4.56.- Obrigas
    2.4.57.- Partes por lesións
    2.4.58.- Recoñecemento de sinaturas
    2.4.59.- Responsabilidade civil
    2.4.60.- Sentenzas
    2.4.61.- Testamentos e poderes
    2.4.62.- Taxacións periciais
    2.4.63.- Tribunais de responsabilidades políticas
    2.4.64.- Xuízos de deslindes
    
    2.5.- ELECCIÓNS
    
    2.5.1.- Eleccións de xurados
    2.5.2.- Expedientes de eleccións
    2.5.3.- Xunta Local do Censo Electoral
    2.5.4.- Libro rexistro de correspondencia da Xunta Local do Censo
    2.5.5.- Censos electorais
    
    2.6.- COMUNIDADES DE MONTES
    
    2.6.1.- Comunidades de montes

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas Cada xulgado de paz ten unha relación directa cos xulgados do Partido Xudicial ao que están adscritos, nos que se poden atopar moita documentación relacionada ou de interese.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición