ATOPO
Rexistros actuais: 1.653.493
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.981

ATOPO aumenta a súa actividade e o número de visitas en 2025


04 de February de 2026 Atopo

En 2025 o portal ATOPO, repositorio dixital dos fondos bibliográficos e documentais da Deputación de Pontevedra, experimentou un crecemento significativo no seu coñecemento e uso, exemplificado nas seguintes cifras proporcionadas polo Servizo de Novas Tecnoloxías da institución provincial.

O número de visitas (pantallas vistas) acadou as 553.686, diante das 436.061 rexistradas en 2024, o que supón un considerable aumento do 20,85 %.

No que atinxe ao uso do portal, en 2025 rexistráronse 26.475 persoas usuarias activas e 25.963 novas, cifras moi por enriba das acadadas no ano anterior.

Os principais datos numéricos dos fondos que o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico difunde a través de ATOPO, a 1 de xaneiro de 2026, ordenados por tipoloxías e posibilidades de acceso e descarga, son os seguintes:

Fondos documentais
Fondos do Arquivo da Deputación e doutros arquivos públicos e privados Unidades documentais Visualización e descarga
Simples Compostas Total Referencial
  503.903 919.289 382.919 1.040.273
Fondos bibliográficos
Fondos da Biblioteca da Deputación Tipoloxías principais Visualización e descarga
Monografías Artigos Revistas Total Referencial
  24.397 73.255 995 879 98.012
Fondos audiovisuais
Fondos fotográficos, audiovisuais, sonoros e musicais Tipoloxías principais Visualización e descarga
Fotografía Son/Música Audiovisual Total Referencial
  28.238 5.814 2.245 18.337 18.199
Fondos cartográficos
Fondos da Cartoteca Provincial Domingo Fontán Tipoloxías principais Visualización e descarga
Imaxes Mapas Total Referencial
  16.114 6.478 4.441 18.729