ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

AVISO LEGAL

PRIMEIRA

A Deputación de Pontevedra, a través do portal "https://arquivos.depo.gal", ofrece unha serie de recursos e servizos baseados na información xeográfica e permite a procura, o acceso e a visualización dos datos xeoespaciais utilizando un navegador e posibilita a integración, a interoperabilidade e o intercambio de información entre as diversas institucións, as empresas e a cidadanía.

A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter meramente orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se achan estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.

Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Deputación de Pontevedra non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

SEGUNDA

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal e dos seus elementos contidos son titularidade da Deputación de Pontevedra.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

  • As persoas usuarias quedan obrigadas a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

TERCEIRA

A Deputación de Pontevedra informa do uso de cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

  • Cookies propias: O Portal usa cookies propias necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte das persoas usuarias.

  • Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

CUARTA

Os tratamentos dos datos de carácter persoal que se recollen neste Portal están suxeitos á regulación básica de protección de datos. As persoas usuarias teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Deputación de Pontevedra, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto coa persoa delegada de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Protección de datos.

QUINTA

As ligazóns ás "web" de terceiros ("links") non lle xeran responsabilidade ningunha á Deputación de Pontevedra.

SEXTA

A Deputación advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado ("SPAM") dirixido ás contas de correo electrónico utilizadas no Portal dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade ás persoas remitentes.