ATOPO
Rexistros actuais: 1.065.401
Obxectos dixitais dispoñibles: 400.891

AUDIOVISUAIS

O noso patrimonio cultural inmaterial conforma a nosa identidade, que nos define e nos diferencia como pobo. Boa parte deste importante patrimonio está recollido en diferentes tipos de materiais audiovisuais, tanto editados coma inéditos.

No ano 2003 o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación impulsou unha iniciativa para a recompilación, conservación e difusión do patrimonio audiovisual galego co gallo da aprobación da Convención para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial da UNESCO. En 2015, debido á importancia da colección reunida, Audiovisuais funciona como sección propia na estrutura do Servizo.

Conservamos, por unha banda, a documentación en formato audiovisual xerada pola Deputación e os seus organismos no transcurso das súas actividades, o que garante a correcta xestión administrativa e lles facilita a súa consulta á cidadanía e ás administracións; pola outra, como institución cultural e da memoria, localizamos, xestionamos e difundimos o patrimonio audiovisual relacionado directa ou indirectamente coa provincia.

Tamén che pode interesar...
Esta colección propia da Editorial da Deputación, presenta aspectos da vida cotiá nos concellos, os seus monumentos, riquezas naturais e usos e costumes a través de imaxes fotográficas
Recompilacións musicais editadas pola sección de Fondos Audiovisuais da Deputación en formato CD
SABÍAS QUE?

Na nosa sección Palabra e outros sons podes escoitar as voces de persoeiros destacados da cultura galega, como Alonso Montero, Camilo José Cela, Fernández del Riego ou Carlos Oroza

SABÍAS QUE?

En Galicia en 78 rpm, CD editado desde o noso Servizo, podes escoitar composicións e interpretacións históricas da música galega de comezos do século XX e conservadas entre os nosos fondos musicais

SABÍAS QUE?

O fondo gráfico do Hospicio-Fogar provincial, formado por preto de 2000 fotografías, está dixitalizado e pódese consultar no metabuscador ATOPO

SABÍAS QUE?

Na sección Audiovisual galego dispoñemos de máis de 1000 referencias do que se fixo en Galicia no eido da videocreación, documentais, curtametraxes e outras manifestacións audiovisuais