ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

A MÚSICA REPRESALIADA

A Área de Memoria Histórica do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra promove o libro A música represaliada. Unha foliada de memoria, que compila vinte e catro artigos que rescatan do esquecemento persoas ou entidades relacionadas coa música e que padeceron a represión, mentres analiza o impacto que o golpe supuxo para as propias composicións. A obra, que está coordinada por un dos máis importantes expertos do país nesta temática, José Luis do Pico Orjais, complétase con estes dez temas relacionados coa materia do libro.

  • 01 Himno de Riego

  • 02 Canto du Ourense

  • 03 Himno a Galicia Republicana

  • 04 Mondoñedo

  • 05 Promesas de mujer

  • 06 A nosa gaitiña

  • 07 Cazador que andas cazando

  • 08 Cantar de berce

  • 09 Venceremos Nós

  • 10 Dende que Franco e Falanxe