ATOPO
Rexistros actuais: 1.065.401
Obxectos dixitais dispoñibles: 400.891

ARQUIVO

O Arquivo é un servizo público cuxa principal función é a sistematización da xestión documental, desde a creación do documento ata a súa conservación histórica, mediante o tratamento arquivístico adecuado. Intégrase no Sistema de Arquivos de Galicia e forma parte da rede de arquivos das deputacións provinciais.

Desenvolvemos,  por un lado, un servizo interno e directo á propia Deputación, que inclúe a información ou o préstamo directo de todo documento orixinal.

E, por outro, ofrecémoslles un servizo de información a outras administracións públicas mediante a consulta, as copias e as certificacións; tamén á cidadanía en xeral e ás persoas investigadoras en particular facilitándolles o acceso e a consulta aos fondos e fomentando o seu estudo, ademais dunha tarefa de difusión cultural e posta en valor do noso patrimonio documental.

SABÍAS QUE?

Aquí ofrecémosche a posibilidade de acceder ás actas das sesións do Pleno e doutros órganos colexiados da práctica totalidade dos concellos da provincia.

SABÍAS QUE?

O Arquivo da Deputación conta con fondos familiares, con diversas formas de adquisición, de interese para o coñecemento da evolución do territorio provincial e doutras zonas de Galicia.

SABÍAS QUE?

O Arquivo, xunto cos demais servizos da Deputación, instálase inicialmente, tras unha breve estancia na rúa Costa de Santa María, no desamortizado convento de San Francisco, onde permanece ata 1890, ano no que se traslada á nova sede do actual Pazo provincial.

SABÍAS QUE?

ATOM é un sistema de xestión arquivística de software libre e gratuíto, moi intuitivo, que no noso desenvolvemento amosa xa a información de 127 institucións con 268 fondos e coleccións documentais diferentes e que permite acceder á súa descrición en máis de 2.100.000 rexistros.