PRISIONEIROS DE GUERRA NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (1937-1939)
O traballo forzado dos penados, habitual noutros períodos históricos, foi recuperado en España en 1911 coa promulgación dun real decreto que regulaba a utilización de presos na execución de obras públicas. Suprimido durante a II República, o sistema foi recuperado na Guerra Civil, cando o 26 de decembro de 1936 se promulgou un decreto que regulaba o establecemento de campos de traballo, nos que se aproveitaría a man de obra daqueles que foran condenados por conspirar contra o Goberno republicano para realizar obras públicas de diversa índole. Non obstante, onde se plasmou con toda a súa crueza o traballo forzado de presos foi na denominada zona nacional, o bando sublevado, e posteriormente na España do franquismo, baixo moi diversas modalidades coma batallóns disciplinarios de traballadores, colonias penitenciarias militarizadas ou destacamentos penais.
Ao inicio da Guerra Civil en 1936, os golpistas crearon os primeiros batallóns de traballadores dependentes de unidades militares. En maio de 1937 Francisco Franco asinou un decreto polo que se concedía, baixo o eufemismo, o "dereito ao traballo" aos prisioneiros de guerra e presos por delitos non comúns, que foi a base para o establecemento dun dobre sistema de traballos forzados:
- En primeiro lugar, un sistema de redención de penas polo traballo, destinado a persoas que foran condenadas polos tribunais militares a penas de cárcere. Este sistema foi creado pola Orde do Ministerio de Xustiza de 7 de outubro de 1938 e permitíalles aos condenados redimir días de cárcere por días de traballo remunerado.
- En segundo lugar, un sistema de batallóns de traballadores nos que se encadraban persoas clasificadas como desafectas ao chamado "Movimiento Nacional" que, sen embargo, non tiñan condenas dos tribunais.
En xullo de 1937 creouse a Inspección de Campos de Concentración de Prisioneiros. O sistema prevía a concentración dos opositores e desafectos en campos e depósitos de prisioneiros onde se levaba a cabo a clasificación en dous grupos:
- O primeiro era o de aqueles que, tras ser acusados formalmente dun delito, debían ser xulgados polos tribunais militares.
- O segundo grupo formábano o resto, os prisioneiros non procesados xudicialmente pero clasificados como desafectos o afectos dubidosos, que eran destinados aos batallóns de traballadores. Eses batallóns funcionaron entre 1937 e 1940 e dependían directamente da Inspección de Campos de Concentración de Prisioneiros.
Fontes:
- Centro Documental de Memoria Histórica de Salamanca
- DARA: Documentos e Arquivos de Aragón. SIPCA: Sistema de Información dos Arquivos de Aragón.
A Deputación de Pontevedra, unha vez que recibiu a circular da Xunta Técnica de Burgos, propúxolle á Autoridade Militar a execución dalgunhas das obras en curso con prisioneiros de guerra, antes de proceder á formación da relación de obras que na citada circular se pedía. Esta autoridade aceptou a proposta e puxo á disposición da Deputación 70 prisioneiros de guerra e máis tarde outros 60 máis, procedentes do Batallón de Traballadores número 21 Canero (León), destinado ás obras provinciais seguintes:
- Camiño núm. 139 Ponte Verdugo-Covelo, 1.ª sección (A Lama)
- Recheo das marismas da Seca (Pontevedra)
- Camiño de Panxón a Monteferro (Nigrán)
- Camiño do sanatorio do Rebullón (Mos)
Textos: Elena Aguete Landín
DOCUMENTOS
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/1
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201500978
Data: 1937-1938 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
Alcance e contido:
Expediente do Plan xeral de obras para executar con prisioneiros da Guerra Civil (1936-1939)
Contén:
- Circular da Presidencia da Xunta Técnica de Burgos coa petición dun plan de obras. 8 de xullo de 1937. [Anexo: Decreto núm. 281 de 28-05-1937].
- A Comisión Xestora reunida o 21 de xullo de 1937 remite a circular para informe da Dirección de Vías e Obras.
- Informe do director de Vías e Obras do 1 de setembro de 1937.
- Solicitude do alcalde de Pontevedra Ernesto Baltar Santaló, na que se pide a construción do camiño veciñal núm. 292 denominado San Mauro-Pedra do Lagarto. 7 de setembro de 1937.
- Solicitude do inspector xefe de 1.º Ensino de Pontevedra, Gerardo Álvarez Limeses, na que se pide a construción do camiño veciñal núm. 139 de Ponte Verdugo a Covelo, 1.ª sección. 21 de outubro de 1937.
- A Comisión Xestora, na sesión do 10 de novembro de 1937, acorda executar as dúas obras que se citan no informe e dirixirse en tal sentido ao gobernador militar.
- Comunicación ao gobernador militar da Presidencia na que se pide autorización e persoal necesario. 12 de novembro de 1937
- Oficio do Goberno Militar de Pontevedra no que se transcribe o informe da Comandancia de Obras e Fortificacións desta provincia e se cuestiona o uso de prisioneiros sen ter antes un plan xeral de obras; tamén se menciona o "campo de concentración de Camposancos". 2 de decembro de 1937.
- elegrama postal do 11 de decembro de 1937 do Estado Maior da 8.ª Rexión Militar no que se comunica o envío de prisioneiros de guerra.
- Acordo da Comisión Xestora do 22 de decembro de 1937 sobre a comunicación que emite o comandante do Batallón núm. 21 Canero ao presidente da Deputación da reclamación do pago por prisioneiro. 24 de decembro de 1937.
- Escritos do comandante do Batallón de Traballadores núm. 21 sobre os haberes dos prisioneiros para pagar das obras en construción. León, 7 de xaneiro de 1938.
- Informe que emite o comandante do Batallón núm. 21 Canero ao presidente da Deputación sobre pagos aos prisioneiros de guerra. León, 17 de xaneiro de 1938.
- Nota do director de Vías e Obras para o enxeñeiro xefe de Obras Públicas sobre os camiños veciñais que se executarán con prisioneiros de guerra. 14 de decembro de 1937.
- Relación de acordos da Comisión Xestora Provincial entre o 21-07-1937 e 2-03-1938 sobre prisioneiros de guerra.
- Dáselle conta ao director de Vías e Obras do acordo tomado na sesión da Comisión Xestora do 2 de marzo de 1938 sobre as obras con prisioneiros de guerra da Brigada de Traballadores.
Datas: 1937-1938
A Junta Técnica de Burgos emite unha circular, aprobada por Decreto nº 281 do 28 de maio de 1937 amparándose no "dereito ao traballo" como principio básico declarado no punto quince do programa de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, comunica as instrucción necesarias para o desenvolvemento do Plan de Obras Públicas no que se aproveite o traballo dos prisioneiros de guerra e presos políticos.
O director de Vías e Obras, Teodosio Domínguez, a solicitude da Comisión Xestora reunida o 21 de xullo de 1937, formúla en liñas xerais o Plan de Obras Públicas e propón facer un ensaio cun camiño que cumpre as condicións das instrucción dictadas para ver o resultado na práctica antes de crear un Plan de Obras públicas a executar polos prisioneiros de guerra e presos políticos. E así propón o ensaio coa 1ª sección do C.V. nº 139 da estrada de Ponte Bora ao límite de Covelo (A Lama) cunha lonxitude de 3.637,25 metros.
O outro camiño proxectado e que tamén o contemplan como ensaio é o nº 292 San Mauro- Pedra do Lagarto, no concello de Pontevedra, cunha lonxitude de 431,30 m., que vai desde a estrada Pontevedra- Ponte Caldelas ao camiño veciñal de Pontevedra a Marcón no lugar de Pedra do Lagarto.
O director de Vías e Obras opina que unha vez comprobada a eficacia do sistema se podería presentar un plan completo e extenso.
O concello de Pontevedra solicita e ofrece toda a colaboración para a realización da obra do c.v. nº 292 así como tamén o fai a Inspección de Primera Enseñanza de Pontevedra respecto aos albergues e terrenos do c.v. nº 139.
A Deputación confirma esta proposta e así vai solicitar ao Gobernador Militar desta provincia a utilización do traballo dos prisioneiros de guerra e ofrecendo a dirección técnica, capataces e encargados necesarios e os materiais, medios auxiliares e ferramentas.
Hai que destacar as reticencias ao emprego de prisioneiros de guerra para os traballos na construcción de camiños que manifesta o Sr. Comandante de Inxeñeiros da Comandancia de Obras e Fortificacións da provincia e que traslada o Gobernador Militar de Pontevedra no informe enviado ao Presidente Comisión Xestora da Deputación o 2 de decembro de 1937 no que menciona o problema da vixiancia si as obras están lonxe dos campos de concentración, destacando que nese momento existe un campo de concentración en Camposancos (A Guarda) pero no que se está a facer "una selección entre ellos".
Non temos constancia de resposta desta cuestión plantexada pero uns día despois, o 11 de decembro de 1937, comunicase a través dun telegrama do Estado Mayor da Octava Región Militar o envío a Pontevedra desde León de dúas seccións do "Batallón de Traballadores nº 21 Canero", unha de cincuenta homes e outra de vinte. Total setenta homes.
O encargado da Administración do Batallón destacado en Covelo e en Pontevedra, o Teniente Delegado da Autoridade Militar Policarpo Encinas, reclama os abonos que deben recibir por cada prisioneiro na forma máis conveniente para os intereses da propia Autoridade Militar e da Deputación.
Os setenta prisioneiros do Batallón de Traballadores nº 21 "Canero" foron enviados desde León o 14 de decembro de 1937 e se distribuiron nun primeiro momento 50 na obra do camiño da Lama e 20 quedaron en Pontevedra. Pero estes ao non iniciarse as obras plantexadas, foron levados o 7 de xaneiro para o arranxo do camiño de Panxón a Monteferro (Nigrán).
Posteriormente o Gobernador Militar manifestou a conveniencia de que se enviasen máis prisioneiros , e así o 8 de febreiro chegaron 60 prisioneiros máis que se distribuiron da seguinte forma:
-20 para aumentar nas obras da Lama
-20 para o recheo das Marismas da Seca en Pontevedra
-20 para o camiño veciñal de San Mauro unha vez resoltos os problemas do concello.
TOTAL : 130 prisioneiros
Na Sesión da Comisión Xestora do 2 de marzo de 1938 sobre as obras con prisioneiros de guerra da Brigada de Traballadores a Presidencia formula unhas bases a seguir no caso "probable de que se presenten de pronto más prisioneros"… Para elo acordan:
-Preparar aloxamento na Guardia para 35 homes para reparar o camiño de subida ao Monte Santa Trega e 15 para obras municipais.
-En Silleda aloxamento para 25 homes.
-Se estudan os camiños militares das Baterías de Udra e Punta Faxilde.
-O camiño do Rebullón será reparado con 15 prisioneiros desplazados da obra da Lama.
-Proceder ao recheo das Marismas da Seca (Pontevedra)
-Proceder ao arranxo do c.v. de Panxón a Monteferro (Nigrán) para acceso á Batería de Monteferro.
-Autorizar ao director de Vías e Obras para a execución do camiño de Canido.
-Proceder ao arranxo do camiño do Rebullón.
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/2
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201501019
Data: 1937-1938 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
Alcance e contido:
- Prisioneiros do Batallón de Traballadores núm. 21 Canero
- Listas dos prisioneiros de guerra do Batallón de Traballadores núm. 21 Canero (León). Comprende:
- Lista dos 70 prisioneiros chegados a Pontevedra o 14 de decembro de 1937.
- Comunicacións do comandante xefe do Batallón de Traballadores entre xaneiro e maio de 1938.
- Comunicacións do presidente da Deputación de Pontevedra entre xaneiro e maio de 1938.
- Varios oficios nos que se comunican diversos traslados de presos entre xaneiro e xuño de 1938.
- Comunicación do comandante 1.º xefe do Batallón de Traballadores, do 28 de maio de 1938, na que se ordena o traslado á Plana Maior de León dos 115 prisioneiros a cargo da Deputación. Lista de 114 entregada e asinada polo tenente xefe do destacamento Policarpo Encinas o 1 de xuño de 1938
- Relación de 16 prisioneiros coa data na que causaron baixa e punto onde foron destinados, asinada polo tenente xefe do destacamento Policarpo Encinas o 1 de xuño de 1938.
Datas: 1937-1938
O destino dos 130 prisioneiros do Batallón de Traballadores núm. 21 destacado en Pontevedra a partir do 1 de xuño de 1938 pasa por regresar á Plana Maior de León, aos cárceres de León, Vigo ou Pontevedra, ao campo de concentración de Camposancos ou outros lugares coma Zaragoza, Zamora, Mérida.
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1936-1939)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/3
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201501016
Data: 1937-1939 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
Alcance e contido:
Expediente do Plan de obras que se executará con prisioneiros da Guerra Civil (1936-1939). Contén documentación da obra:
Contén:
- Listas do Batallón de Traballadores núm. 21 Canero. 1937-1938.
- Relación de xornais de presos e obreiros libres de decembro de 1937 a 1939.
Datas: 1937-1939
As diferentes listaxes amosan os sucesivos envíos de prisioneiros que chegan a Pontevedra desde León.
A primeira relación, escrita a lapis e logo a máquina, e asinada polo presidente da Deputación Javier Puig, ten data de 15 de decembro de 1937 e consta de 50 persoas, que se detallan noutra lista cunha distribución do persoal: cociña, barbería e enfermería, faroleiro, cuarteleiro furriel e o resto de prisioneiros divididos en cinco seccións baixo o mando de cabos do exército.
O 8 de febreiro de 1938 envíanse dúas remesas: a primeira de 60 prisioneiros e a segunda de 20. Son levados a Covelo onde quedan recluídos no edificio da colonia Enrique Barreiro Cabanelas, ofrecido gustosamente polo inspector xefe de 1.º Ensino e presidente da Comisión de Colonias Escolares Gerardo Álvarez Limeses, quen describe o edificio como "magnífico (…) circundado por extenso bosque y tierras de labor (…) para dar albergue a los obreros".
O 24 de marzo de 1938, doce dos prisioneiros trasládanse ás obras do camiño do Rebullón.
O 21 de decembro inícianse os traballos neste camiño, segundo consta nunha anotación a bolígrafo no documento de relación de xornais de 50 prisioneiros.
Consta un primeiro pago en decembro de 1937.
A listaxe das nóminas empeza en xaneiro de 1938 e remata no mes de maio, pois o 1 de xuño de 1938 marchan de volta para León.
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/4
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201501017
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
- Obra: Recheo das marismas da Seca (Pontevedra)
- Listas dos prisioneiros do Batallón de Traballadores núm. 21 Canero chegados a Pontevedra o 8 de febreiro de 1938.
- Listaxes de xornais de febreiro a maio de 1938.
- Informe do director de Vías e Obras dos resultados dos traballos con 20 prisioneiros entre o 9 de febreiro e o 1 de xuño de 1938. Data: 3 de setembro de 1938.
- Relacións de gastos das obras de febreiro a outubro de 1938.
Desde os anos 20 a marisma da Seca foi obxeto de proxectos de desecación e saneamento
Os recheos comezaron en 1927 e fóronse prolongando no tempo, ata retomarse as obras no ano 1938 xa cunha superficie desecada de 25.600 m2.
Os 20 prisioneiros foron destinados a esta obra, aínda que segundo as listaxes dos xornais variaron, de 21 no mes de febreiro a 16 no mes de maio, por pasaren catro a León seguindo as anotacións feitas na lista. No acordo da Comisión Xestora do 2 de marzo de 1938 especifícase que foron reclamados pola Autoridade Militar.
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/5
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201501018
Data: 1937-1938 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
Alcance e contido:
Plan de obras que se executará con prisioneiros ou presos políticos da Guerra Civil (1936-1939):
Obras no camiño núm. 24 de Panxón a Monteferro (Nigrán)
- Relacións dos prisioneiros do Batallón de Traballadores núm. 21 Canero chegados a Pontevedra o 14 de decembro de 1937 e que saíron para Panxón o 7 de xaneiro de 1938.
- Lista de xornais de novembro de 1937 a setembro de 1938.
- Contas de gastos.
- Expropiacións de varias casas. Plano.
Datas: 1937-1938
Na acta de 2 de marzo de 1938 da Comisión Xestora recóllese o acordo da sesión do 5 de xaneiro de que pasaran 20 prisioneiros ao camiño de Panxón a Monteferro "en reparación por haber sido destruido y cortado en parte por los temporales del 18 de noviembre".
O camiño tiña unha importancia estratéxica por ser o único acceso de servizo as baterías de costa alí construídas, xa desde a primeira edificación do Forte de Monte Ferro na ría de Vigo proxectado en 1860
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/6
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201501019
Data: 1937-1938 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
Alcance e contido:
Obra: camiño de servizo ao Sanatorio Antituberculoso do Rebullón (Mos)
Relacións dos prisioneiros do Batallón de Traballadores núm. 21 Canero trasladados ao Rebullón desde Covelo o 24 de marzo de 1938.
Listas de xornais de marzo a maio de 1938.
Resumo de gastos de marzo a maio de 1938.
Datas: 1938
O que empezou sendo un edificio para colonias de verano no ano 1930, promovido pola Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Vigo, foi destinado desde o inicio da guerra como Hospital polo bando sublevado sobre todo para os soldados feridos da fronte de Asturias hasta 1938 no que o Estado vendeu a finca ao Patronato Nacional Antituberculoso, funcionando como sanatorio hasta que se pechou en 1963. A partir de 1967 se concretou a cesión da parcela para emprazar o Hospital Psiquiátrico do Rebullón.
Aínda que empezou a funcionar no ano 1972 xa desde anos antes se utilizaba por parte deste organismo como centro para enfermos mentais da provincia de Pontevedra.
O camiño de acceso foi reparado pola Deputación en sucesivas ocasións.
Título: Expediente de obras en camiños provinciais para realizar cos presos políticos da Guerra Civil (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-1.522/7
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.DEPO00201501049
Data: 1937-1938 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental composta
Volume e soporte: unha agrupación documental
Alcance e contido:
Plan de obras para executar con prisioneiros ou presos políticos da Guerra Civil (1936-1939)
Contén:
- Estado das obras executadas por prisioneiros de guerra e o seu custo. Nove follas. Autor: Teodosio Domínguez, director de Vías e Obras. Asinado. Data: 3 de setembro de 1938.
- Memoria do réxime transitorio a partir de 18 de xullo de 1936. Dez follas. Autor: Teodosio Domínguez, director de Vías e Obras. Asinado. Data: 19 de setembro de 1938.
Datas: 1938
Os informes emitidos polo director de Vías e Obras da Deputación Provincial de Pontevedra dan o balance dos traballos forzados dos presos políticos e do aforro do 20 % conseguido con respecto aos gastos con obreiros libres. A Comisión Xestora no acordo da sesión ordinaria de 21 de setembro de 1938 recolle a aprobación das contas
Título: Libro de actas da Comisión Xestora (1937-1938)
Código de referencia: ES.GA.36038.ADPO.1-3.2.1.-13.163/1
Ligazón: https://atopo.depo.gal/Record/arc.ADP_SES_0000050188
Data: 1937-1938 (creación)
Nivel de descrición: unidade documental simple
Volume e soporte: acta de sesión
Alcance e contido:
Acta de sesión 1938/03/02_ordinaria
Folla: 47, 48
Acordo 38. Obras con prisioneiros de guerra
Transcrición do acordo:
"Diose cuenta de las notas que formula la Presidencia sobre obras con prisioneros de guerra de la Brigada de Trabajadores y que dice así: Prisioneros de Guerra (Batallón de Trabajadores. Notas de la Presidencia para dar cuenta a la Comisión. En virtud de la instancia de la Junta Técnica del Estado pidiendo un plan de obras a ejecutar con prisioneros de guerra, la Comisión en sesión de 10 de Noviembre de 1937 tomó el acuerdo de proceder a la ejecución de dos caminos, sin perjuicio de ampliar luego el plan a ejecutar, y estos dos caminos fueron: C. V. número 139 de Puente Verdugo a Covelo (A Lama), C. V. número 292 de San Mauro a Pedra do Lagarto (Pontevedra). Comunicado al Gobierno Militar, el día 14 de diciembre llegaron a Pontevedra, procedentes del Batallón de Trabajadores número 21 de León, 70 trabajadores que se distribuyeron, 50 a A Lama, donde empezaron los trabajadores seguidamente y 20 quedaron en Pontevedra. Como el Ayuntamiento de Pontevedra tardaba en gestionar los terrenos a ocupar y los obreros estaban paralizados, la Comisión en sesión de 5 de Enero tomó el acuerdo de que esos 20 trabajadores pasarán al camino de Panjón a Monteferro que estaba en reparación por haber sido destruido y cortado en parte por los temporales del 18 de Noviembre y el 7 de Enero salieron para Panjón. Este camino de Panjón conduce a la Batería de Monteferro y ya el Gobernador Militar había oficiado para que se activase la reparación y ensanche por ser el único camino de servicio a la Batería y actualmente oficio para la expropiación de tres casas, petición que está en tramitación. El Gobernador Militar había manifestado la conveniencia de la colaboración de más prisioneros de guerra en trabajos públicos y en efecto el 8 de Febrero llegaron a disposición de esta Diputación, 60 prisioneros más que se distribuyeron en la forma siguiente: 20 a aumentar los de A Lama. 20 al relleno de la Marisma de A Seca, propiedad de la Diputación, 20 al camino vecinal de San Mauro, una vez que el Ayuntamiento de Pontevedra había resuelto la cuestión de los terrenos. Así que la situación de los prisioneros hoy día es la siguiente: 70 a la construcción del c. v. número 139 (A Lama). 20 a la construcción del c. v. número 292 (Pontevedra). 20 en el relleno de la Marisma de A Seca. 20 en la reparación del c. v. de Panjón, 130 en total de los que hay que deducir 4 bajas por individuos reclamados por la Autoridad Militar. Para el caso probable de que se presenten de pronto más prisioneros está preparado alojamiento en A Guarda para 35 hombres, de los que van a reparar el camino de subida al Monte de Santa Tecla y 15 dedicados a obras Municipales. En Silleda alojamiento para 25 hombres, para obras Municipales. Se estudia el alojamiento y condiciones para los caminos militares de las Baterías de Udra y punta Fagilde en virtud de oficio del gobierno Militar de 1º de Febrero. Se estudia también para poder disponer lo necesario para que con prisioneros de guerra ejecutar los trabajos de reparación del camino vecinal de Canido cuyo presupuesto está aprobado por la Comisión en sesión de 6 de Octubre de 1937. Se estudiarán proposiciones de Ayuntamientos que soliciten prisioneros para en cada caso resolver según las disponibilidades en caso que sigan enviándolos. Camino del Rebullón. Siendo preciso arreglar con urgencia este camino, a solicitud del Excmo. Señor Gobernador Civil, se destinarán 15 prisioneros de A Lama durante 10 días que pueden durar la reparación de este camino. Observaciones. Los transportes y servicios de administración de los prisioneros de guerra se hace con coches de requisa abonando la Diputación la bencina. El Estado abonó ya a la Diputación el mes de Diciembre a razón de 1,90 pesetas diaria por prisionero, más 0,30 pesetas mensuales por plaza. Bases que regirán provisionalmente en las obras a ejecutar con prisioneros de Guerra. Obligaciones y gastos que ocasionan. Caminos vecinales del Plan provincial: Son obras provinciales con aportaciones de los Ayuntamientos: a) A cada prisionero en mano 0,25 pesetas diarias. Adelantado por la Diputación hasta que lo abone guerra. b) Comida (desayuno, comida y cena) 1,65 pesetas diarias adelantadas por la Diputación, hasta que lo abone guerra. Lo que falte la Diputación. c) Dirección de las obras, Diputación. d) Herramientas, id. e) Materiales id. f) Albergue, ayuntamiento. g) Menaje de cocina y comedor, id. h) Camas y abrigo para ellos, Guerra. i) Calzado - Diputación. j) Lavado de ropa - Mujeres de España. k) Muda interior - Diputación. l) Asistencia médica - Ayuntamiento Obligatorio. m) Medicinas. n) Vigilancia - Milicias. o) Transportes - Diputación. Observaciones. Se pueden acometer las obras de los caminos vecinales que tengan proyecto aprobado y se desarrollen en los Ayuntamientos que estén dispuestos a contribuir con aportación en metálico y cesión de los terrenos a ocupar (artículo 1º de la Ley de caminos vecinales) Los Ayuntamientos deudores a la Diputación por aportaciones de caminos vecinales no pueden acogerse a estos beneficios. Obras de carácter exclusivo Municipal. a) A cada prisionero en mano 0,25 pesetas diarias. Adelantadas por el Ayuntamiento hasta que lo abone Guerra. b) Comida (desayuno, comida, cena) 1,65 pesetas diarias adelantadas por el Ayuntamiento hasta que lo abone Guerra. c) Dirección de las obras Diputación. d) Herramientas. e) Materiales. f) Albergue. g) Menaje de cocina y comedor. h) Camas y abrigo para ellos. i) Calzado. k) Muda interior. l) Asistencia médica. m) Medicinas Ayuntamiento. n) Vigilancia Milicias. o) Transportes Ayuntamiento. Observaciones En la localidad que exceda la comida de 1,65 pesetas lo abonará el Ayuntamiento. Cualquier aumento o gravamen o gasto de la calse que fuera, serán de cuenta del Ayuntamiento. En vista de los antecedentes de que acabe de dar lectura y a los que la Comisión prestó su total conformidad, se acuerda: 1º. Aprobar todo lo expresado en dichas notas. 2º. Proceder al relleno de la marisma de La Seca, con prisioneros de guerra. 3º. Proceder igualmente al arreglo y ensanche pedido por el Sr. Gobernador Militar para el Servicio de la Batería de Monteferro del camino vecinal Panxón-Monteferro, destruido en parte por los últimos temporales. 4º. Autorizar al Director de Vías y Obras para ejecutar por administración y con prisioneros de guerra la reparación del camino vecinal de Canido, dentro del presupuesto aprobado por la Comisión, en sesión de 6 de octubre de 1937, que importa 11.793,60 pesetas. 5º. Proceder al arreglo del camino del Rebullón con prisioneros de guerra. 6º. También se acuerda que respeto a la expropiación interesada por la Autoridad Militar en el camino de Panxón a Monteferro informen los Diputados vocales de esta Comisión Gestora Señores Franco Montes y Núñez García"