ATOPO
Rexistros actuais: 1.648.858
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.954

Presentación Baixo as Ás protectoras de Inanna


13 de January de 2026 Editorial
Baixo as Ás protectoras de Inanna

A Illa de San Simón volveu ser, un ano máis, o escenario perfecto para a celebración do que xa sería o XI Obradoiro Internacional de Tradución poética en San Simón. Con barqueira e remador.

Unha nova edición e posterior publicación que amosa o resultado das xornadas do obradoiro que ten lugar na illa que lle dá nome á colección editorial, incluirá a antoloxía de diversos poemas dos e das poetas que participaron neste espazo. A illa convértese nun laboratorio creativo arredor da diversidade e riqueza idiomática e cultural para poñer en común o que acontece e evoluciona no eido da poesía internacional.

A decimo primeira edición desta iniciativa volveu a estar coordinada, como nas anteriores, pola poetisa Yolanda Castaño e o limiar e as traducións corren a cargo de Lorena Souto.

O obxecto desta iniciativa é converter esta experiencia nun viveiro creativo e de intercambio cultural e profesional mutuo que trasladará cada voz poética ao resto das linguas representadas. A poesía entendida coma unha linguaxe universal que se enriquece na tradución.

A presentación desta publicación, promovida pola Editorial da Deputación de Pontevedra, permitirá dar a coñecer os resultados dos traballos de tradución desenvolvidos na Illa de Simón durante esa semana. Amosará os poemas nas súas linguas orixinais e a continuación as versións traducidas ao galego, que foron realizadas durante os días de residencia, no marco do apoio á produción poética que xa se materializa noutras coleccións propias.

A presentación terá lugar este venres 16 de xaneiro, ás 19.30h no edificio do Arquivo Provincial, na rúa Padre Amoedo 1. Pontevedra