ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Concello de Salcedo

Área de descrición

  • Datas de existencia 1842-1869

  • Historia O territorio das parroquias de Salcedo e Lourizan formaba parte da Xurisdición de Pontevedra, con señorío do Arcebispado de Santiago durante finais do século XVIII. Nos primeiros intentos de creación de concellos constitucionais xa figura como concello a efectos fiscais dentro do Partido xudicial da Pontevedra xunto cos de Pontevedra, Alba, Mourente, Ponte Sampaio e Xeve. Na definitiva instauración en 1836 intégrase no concello de Pontevedra, pero xa dende o primeiro momento xurden moitas peticións e reclamacións de diferentes parroquias intentando a creación de concellos propios: Campañó, Alba e Lérez, xunto con Cerponzóns demandan a creación do concello de Alba. Por outra parte as parroquias de Mourente, Bora e Tomeza reclaman un concello propio, o mesmo que os veciños de Marcón. Finalmente os veciños de Salcedo e Lourizan fan a mesma reclamación de creación de concello independente Todo elo da como resultado en 1842 a división de inicial concello único de Pontevedra nos de Alba, Mourente e Salcedo, quedando o de Pontevedra coas dúas parroquias urbanas. Polo tanto constitúese o concello de Salcedo , coas parroquias de Salcedo e Lourizán en xaneiro de 1842 e perdurou, logo dun longo proceso iniciado en 1851 ata o 1 de xullo do ano 1869 no que se reintegrou definitivamente no concello de Pontevedra.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Pontevedra - Pontevedra - Salcedo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)