ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Manuel Martínez Alonso

Área de descrición

  • Datas de existencia 1907-1954

  • Historia Nacido o 15 de setembro de 1907 en Mondariz, de profesión ebanista, "o Lebre" estaba a piques de cumprir os 29 anos cando tivo lugar o golpe de Estado. Acudiu a Lavadores con máis xente obreira para defender a República, aínda que logo de entregarse o negaría a fin de protexer a súa familia. Estivo fuxido ata 1939, e levaba veleno para quitarse a vida se o detiñan e evitar así as torturas. Entregouse logo do nomeamento en 1939 de Gómez Cantos como gobernador civil de Pontevedra, cando instou á xente fuxida "que non tivese as mans manchadas de sangue" a entregarse. Ficou en libertade ata que en 1946 foi detido e levado preso por enfrontarse nun bar cun veciño que participara nas patrullas que foran buscalo á casa unha década antes. Quedou en liberdade antes dun mes. Falece no seu domicilio o primeiro de abril de 1954 por enfermidade.

  • Lugares

Área de control da descrición