Creador de
Entidade Local Menor de Bembrive
Área de descrición
Datas de existencia 1945-
Historia Formada pola parroquia de Santiago de Bembrive, intégrase no Antigo Réxime na xurisdición de Bouzas, con señorío do Bispado de Tui. Posteriormente no ano 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello de Lavadores, a pesar de algún intento baldío para a súa integración no de Vigo. Esta definitiva adscrición ao concello constitucional de Vigo prodúcese no ano 1936, xunto coa totalidade das parroquias que formaban o Concello de Lavadores. Ten unha superficie total de 935 hectáreas nas que residen 4.766 habitantes, distribuídos nos lugares de Baruxáns, O Cacheno, O Carballal, O Cruceiro, A Cruz, As Chans, Eifonso, Esparramáns, Espedrás, Ferreiras, Os Freires, O Lameiro, Mandín, Miraflores, Monte da Pedrosa, O Monte do Calvario, Mosteiro, Mourelle, A Mouteira, Novelos, O Outeiro, Paio, A Parrocha, A Parrovella, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, As Raposas, Recaré, As Regadas, Regueiras, Os Ríos, San Cibrán, Segade, O Toutizo, Xeme, A Xesteira e Xestoso. Constitúese como Entidade Local Menor o 12 de xuño de 1945, xestionando o patrimonio propio constituído polos montes de San Cibrán, Aradas e outros. Desde entón funciona ininterrompidamente, ten a súa sede institucional nunha edificación propia no barrio de Mosteiro.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo- Vigo - Bembrive
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)