Creador de
Xefatura Provincial de Pontevedra. Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario
Área de descrición
Datas de existencia 1971-1982
Historia O “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” créase pola Lei 35/1971 do 21 de xullo como organismo autónomo da Administración do Estado, dependente do Ministerio de Agricultura. Ten como finalidade o desenvolvemento e a modernización das estruturas agrarias. Suprímense a “Dirección General de Colonización e Ordenación Rural”, o “Instituto Nacional de Colonización”, o “Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural”, o “Consejo Nacional de Colonización” e a “Comisión Central de Concentración Parcelaria”. O Decreto 3220/1971 do 23 de decembro no seu artigo 13 establece a existencia de xefaturas provinciais en cada provincia. Por Real decreto 2423/1982 do 24 de xullo traspásanse funcións e servizos en materia de reforma e desenvolvento agrario do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.
Lugares Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)