Fondos
16.882/1. Proxecto de rehabilitación do edificio do balneario para centro de formación e emprego
Proxecto de rehabilitación do edificio do balneario para centro de formación e emprego
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.3.1.3.5.16.882/1
Título Proxecto de rehabilitación do edificio do balneario para centro de formación e emprego
Data(s) 2010-2012 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 1.000 follas, 3 CD's e planos
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Proxecto de rehabilitación do edificio do balneario para centro de formación e emprego. Arquitecto: Carlos X. Berride Ferreira e Oscar Pérez Paz. Fondo Estatal para o Emprego e Sostenibilidade Local - Economía sostible. Expediente de contratación nº: 8/2010. Contén: - Proxecto modificado fase 1ª e fase 2ª A (Refundido - abril 2011). - Anexo proxecto modificado fase 1 e fase 2 A (abril 2011). - Documentación de final de obra (decembro 2011): -Libro de órdenes e asistencias. - Actas visitas inspección. - Libro incidencias. - Memoria e fotografías. - Tomo A (empresas colaboradoras e certificados materiais). - Tomo B (ensaios, informes e control de calidade).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)